Hai anos a un que non estaba barbeado dicíaselle no choio: - " Hai café ". Que é apócope de: " Hai qu´afeitarse ". E o aludido acostumaba retrucar cun: -" Non hai te "; apócope de " Non hai tempo ".
Por iso e pola escaseza de ideas levo uns días sen postear. A ver se cambio de turno de traballo.
Pois haberá que esperar que o haxa, o traballo é o traballo, xa se sabe...
ResponderEliminarEu tamén sempre contesto co "non hai te", preguiceiro que é un para eses choios.
ResponderEliminarSe ti posteas pouco, o meu xa non sei como se chama.
Se podo ir, a ver se te vexo en Ponteareas este venres.
:-)) que bo...eu levo unhas semanas sen te...apertas pais.
ResponderEliminarBenvido ao clube dos escasos de tempo :)
ResponderEliminarPouquiño a pouquiño.
Bicos.
P.D. por certo, gustame moitisimo a composicion desa foto ;)
Pois andamos todos sin te, manda truco!
ResponderEliminarMoi bo!
Bicos
Moi bo Paide, non os coñecía.
ResponderEliminarBicos.
Por aquí hai pouco te tamén, e pouca inspiración. Quizá vaia todo relacionado ¿non che parece ?
ResponderEliminarA veces ae que buscar tempo donde non ae.
ResponderEliminarSaúdos
máis ca de tempo, eu penso que é de ganas!
ResponderEliminarpero claro, iso non rima.
eu debo ser algo rara,
porque me encantou este post
Sodes a hos, por esas te! ;-)
ResponderEliminarPenso como Zeltia: non só é un tema de tempo senon de ganas, e -como dixo Cuspe - de inspiración. falo dos blogues non da barba ;-)
ResponderEliminarUnha aperta.
Antón.
Dilaida: pois semella que collín soltura estes días. O entruido dá para muito.
ResponderEliminarCarlos Sousa: parece que a expresión está restrinxida ao mundo obreiro masculino.
Ao final mirámonos pero case foi polo aire o encontro. Para a próxima...
Torreira: debes de ter unhas barbas bíblicas.
Apertas.
Merce: non é escaseza de tempo senón mala distribución polo horario.
A autofoto fíxena así e ao terceiro intento saiu o que posteo que non ten ningún fin artístico senón retratar dalgún modo o posteo.
Bolboreteira: supoño que será un mal actual.
Cuspedepita: e pode ser porque os males non acostuman vir sós.
BRABIDO: e fágoo pero hai veces que non van xuntos o tempo libre e a inspiración.
zeltia: din que quen quere,pode, e o que non quere pon excusas.
O posteo trata de informar ensinando algo que non todo o mundo sabe ( e menos as mulleres ).
Chousa da Alcandra: na' especial, non creas.
Antón de Muros: a verdade é que para barbearse non se precisa inspiración e para postear fai falla algunha.