Páxinas

mércores, 10 de febreiro de 2010

Non hai te


Hai anos a un que non estaba barbeado dicíaselle no choio: - " Hai café ". Que é apócope de: " Hai qu´afeitarse ". E o aludido acostumaba retrucar cun: -" Non hai te "; apócope de " Non hai tempo ".
Por iso e pola escaseza de ideas levo uns días sen postear. A ver se cambio de turno de traballo.

12 comentarios:

  1. Pois haberá que esperar que o haxa, o traballo é o traballo, xa se sabe...

    ResponderEliminar
  2. Eu tamén sempre contesto co "non hai te", preguiceiro que é un para eses choios.
    Se ti posteas pouco, o meu xa non sei como se chama.
    Se podo ir, a ver se te vexo en Ponteareas este venres.

    ResponderEliminar
  3. :-)) que bo...eu levo unhas semanas sen te...apertas pais.

    ResponderEliminar
  4. Benvido ao clube dos escasos de tempo :)

    Pouquiño a pouquiño.

    Bicos.

    P.D. por certo, gustame moitisimo a composicion desa foto ;)

    ResponderEliminar
  5. Pois andamos todos sin te, manda truco!
    Moi bo!
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Moi bo Paide, non os coñecía.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  7. Por aquí hai pouco te tamén, e pouca inspiración. Quizá vaia todo relacionado ¿non che parece ?

    ResponderEliminar
  8. A veces ae que buscar tempo donde non ae.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  9. máis ca de tempo, eu penso que é de ganas!
    pero claro, iso non rima.

    eu debo ser algo rara,
    porque me encantou este post

    ResponderEliminar
  10. Penso como Zeltia: non só é un tema de tempo senon de ganas, e -como dixo Cuspe - de inspiración. falo dos blogues non da barba ;-)

    Unha aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  11. Dilaida: pois semella que collín soltura estes días. O entruido dá para muito.

    Carlos Sousa: parece que a expresión está restrinxida ao mundo obreiro masculino.
    Ao final mirámonos pero case foi polo aire o encontro. Para a próxima...

    Torreira: debes de ter unhas barbas bíblicas.
    Apertas.

    Merce: non é escaseza de tempo senón mala distribución polo horario.
    A autofoto fíxena así e ao terceiro intento saiu o que posteo que non ten ningún fin artístico senón retratar dalgún modo o posteo.

    Bolboreteira: supoño que será un mal actual.

    Cuspedepita: e pode ser porque os males non acostuman vir sós.

    BRABIDO: e fágoo pero hai veces que non van xuntos o tempo libre e a inspiración.

    zeltia: din que quen quere,pode, e o que non quere pon excusas.
    O posteo trata de informar ensinando algo que non todo o mundo sabe ( e menos as mulleres ).

    Chousa da Alcandra: na' especial, non creas.

    Antón de Muros: a verdade é que para barbearse non se precisa inspiración e para postear fai falla algunha.

    ResponderEliminar

És humano ti ?