Páxinas

venres, 26 de febreiro de 2010

O " Bailas-No "


Hoxe tiven que axudar a cargar un contedor dun camión e lembrei ao " Bailas-No ". Era un antigo compañeiro doutra empresa que falaba pouco, non mui agrazado de cara e con menos luces ca un barco pirata. Un día falaba un compañeiro de cando estaba embarcado por augas africanas que cando remataba a marea a tripulación volvía en avión a Galicia. Ao " Bailas-No " non se lle ocorreu facer outra que preguntar se o peixe ía no avión. Todos riron e houbo algún que dixo que o avión levaba pendurado un contedor con peixe e ese detalle foi o que me lembrou hoxe a este home.
E preguntarás de onde vén o nome de " Bailas-No ". Pois os luns preguntabámoslle onde estivera a fin de semana e el respondía que fora ao " Bailas-No " e nós preguntabamos que era iso e el explicaba que era como chamaba el ás discotecas porque cando empezaban as cancións lentas el ía preguntando ás rapazas " Bailas ? " e elas respondían sempre " No ".
Na foto, a discoteca de Arbo.

5 comentarios:

  1. Pois a fachada da discoteca de Arbo, teño que dicilo, ben podería valer para decorado d' O señor dos Aneis: é como a entrada de Minas Tirith.

    ResponderEliminar
  2. Non vexo que estivese moi falto de luces se retrucaba dese xeito.
    Agora os peixes veñen en avion tamén.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  3. Fixéchesme lembrar este chiste:

    -Bailas?
    -Non
    -E iso?
    -Iso é miña irmán e tampouco baila.

    ResponderEliminar
  4. Pois a min fixéchesme lembrar estoutro:

    - Bailas?
    - Non
    - Logo de f...xa nin falar, claro!

    ResponderEliminar
  5. A min tamén me lembrou un conto que dicía os de Cangas:
    - Bailas?
    - Se paghas un botellín...
    Ou aquela historia que contaban dun borracho de Ponteareas, que foi sacar a bailar a unha moza que tiña unhas curvas impresionantes pero un nariz de "arredemo", e como lle "atacou" por detrás díxolle:
    - Nena, tienes cuerpo de tentación.
    E cando a moza deu a volta, retrucou:
    - Y cara de arrepentimiento.

    ResponderEliminar

És humano ti ?