Páxinas

xoves, 11 de febreiro de 2010

O Covelo


Domingo de paseo por terras do Covelo. O cruceiro de Cerviño, un paseo polo campo da feira cos montes de follas recollidas, un cocido con bólo, o fotógrafo profisional que me persegue, a praia fluvial de Maceira onde sustituiron os dinosaurios por un camping (creo), a visita do pazo da Torre que non ten pasadizos secretos pero si muito que mirar e aprender como, por exemplo, a ser rei galego dos xíbaros, o can que defende os cabalos, etc. Todo isto e máis coa compaña de bós amigos pode significar O Covelo.

12 comentarios:

  1. anda,mira que rácano,
    que pouquechiño contas, ainda que moi ben resumidiño.
    gustaríame ter visto a casa grande ésa que hai, todo un espazo con legado etnográfico.

    ResponderEliminar
  2. Eu tamen lle manden varios cocidos en O Covelo,estaban caralludos.

    Saúdos

    ResponderEliminar
  3. Achégase un tempo de enchentas de moito carallo. Vainos medrar o bandullo.

    (A foto é bucólica de todo. Gústacheme ben)

    ResponderEliminar
  4. Pois non che conto as do Deza....O bandullo do Chousa, vaise a quedar mais que pequeno...

    ResponderEliminar
  5. A verdade é que entre as paisaxes e os xantares, para que andar buscando delicias moi lonxe?
    A foto invita a perderse por ese lugar. Saúdos.

    ResponderEliminar
  6. Que bo paseo por unha fermosa terra e con un cocido...
    ¡Ben feito.

    ResponderEliminar
  7. Tes que contar máis, que tirar tiraches moitas fotos...
    Hai que volver cando veña a calor para mollar os pés e o resto nesa auga cristalina que ten o Tea por eses lares.
    Río abaixo xa non é o mesmo.
    E logo, en lugar do cocido, levamos unha tortilla, empanada e viño e a vivir...

    ResponderEliminar
  8. dígoche como zeltia, que ben podías contarnos algunha cousiña mais do teu paseo.

    pero bueno, alomenos algo é algo.

    biquiños.

    ResponderEliminar
  9. Tamén significa volver no verán a darse un baño

    ResponderEliminar
  10. Un bo domingo, deses ben aprobeitadas.
    Bicos

    ResponderEliminar
  11. Debeu ser ben boa cousa cando se gardou en frasco pequeno. A foto desa ponte é magnífica

    ResponderEliminar
  12. zeltia: en vista da multitude de peticións terei que ampliar o posteo.
    A casa foi unha fermosa descuberta.

    BRABIDO: pois era omeu primeiro cocido na zona pero creo que non vai ser o último.

    Chousa da Alcandra: o bandullo hai que mantelo que fai frío.
    A foto tamén me gustou a min.


    Angel Utrera: está visto que o cociding é o deporte máis extendido nos domingos galegos.

    A nena do paraugas: por iso eu poño a etiqueta de viaxes.

    fonsilleda: anque foramos obrigados iriamos contentos.

    Eva G. Rei: déboche varias fotos.
    No verán malo será que non coincidamos para ir ata alá.

    Aldabra: tiña muitoque contar pero con estas palabras lembro todo.

    paidovento: pois con Eva G. Rei xa somos tres !.

    Bolboreteira: un domingo distinto e ben aproveitado, si.

    Kaplan: como sabes, Kaplan !.
    A foto estámui ben, bueno mui ben está a paisaxe.

    ResponderEliminar

És humano ti ?