Páxinas

mércores, 16 de xuño de 2010

O mundo de Juan Pando












Xa que non podo pasear muito, aproveito e viaxo polo mundo antigo nos libros da casa e así podo ensinar como eramos antes ou, por exemplo, mostrar como mudou de apariencia Redondela na última foto.
Todo gracias ás fotografías de Juan Pando incluidas no libro " Fisonomía y alma de Galicia " do Dr. A. Rodríguez Rodríguez do ano 1998.

6 comentarios:

  1. Paideleo, dixo ben o de mirar o mundo antigo: esa Redondela da foto é como dos tempos dos faraóns.

    ResponderEliminar
  2. Son unha namorada das fotos antigas en branco e negro. Preciosa entrada e preciosa Redondela.
    Unha aperta!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  3. Case vas ter que dar máis datos que non me sitúo...
    O que aparece na última foto semella o Alvedosa desembocando na marisma, non?

    ResponderEliminar
  4. Esa foto é da costa que baixa da Picota, e debe estar tomada dende a ponte do tren (a "ponte de Pontevedra"). Algún deses canastros aínda está no sitio, e o camiño/rúa ten exactamente a mesma curva; incluso diría que todavía queda algunha casa de esas, aínda que todo sepultado entre formigón.
    Boa idea, esa de viaxar no tempo cando non podes viaxar no espacio.

    ResponderEliminar
  5. Kaplan: dos faraóns non que hai menos de cen anos desas fotos pero si que semellan séculos.
    Vintxuca: a min encántame polo que teñen de imposible para min: eu non estiven neses lugares nin nesa época e semellan milagres que dan envexa.
    Eva G. Rei: pois si que é o Alvedosa e a súa marisma.É unha ruela que sobe despóis de onde era a discoteca Miramar. De todos os xeitos F. Míguez sitúa millor ca min o lugar.
    F.Míguez: sabía que che ía gustar e ías recoñecer a zona.
    Sorte co coche eléctrico e lamento non ser de axuda co twitter ou calquera outra cousa distinta dun blogo.

    ResponderEliminar
  6. Pois me parece que non coñezo Redondela nin nos tempos actuais
    :(
    pero dos lugares que coñezo encántame ver fotos antigas, e comparar, e non sabería dicir qué clase de emoción me enche...

    Deduzo que ainda estás mal e non te podes mover moito...
    Mellorías para tí.

    ResponderEliminar

És humano ti ?