Páxinas

venres, 18 de xuño de 2010

Récord de nome longo e embarcacións


Sigo " fusilando " fotos de libros, actualizando ligazóns e viaxando pola interrede para descubrir un sitio onde publican libros en pdf e así ligar un libro de embarcacións galegas.
A foto fusilada é do libro " The British Isles " de Colour Library International do ano 1978 e retrata unha estación de tren en Gales que ten, probablemente, o nome de lugar máis longo do mundo e que quere dicir ( na miña tradución ): " Igrexa de Santa María do val do bidueiro, subindo o remuiño e a igrexa de San Tysilio que están á beira da cova vermella ". Na foto fáltalle ó nome o " L " inicial. Supoño que xa te decatarías.

5 comentarios:

  1. Si ho, claro que me decatei. Igual que me decatei de que ó neno do medio fáltalle un dente e, ademáis, nótaselle ás leguas que ten fame...

    Mira ti en que cousas da o andar ocioso eh!!

    Apertasgrandesefraternaisdendeantasdeullaprovinciadelugodemomentoquesecadraindependizámonos!

    ResponderEliminar
  2. :-)
    Non sabía que se lle metes unha palabra moi longa, simplemente a tronza por onde lle cadra. Mira ti...

    ResponderEliminar
  3. Pois mira, eu nin me decatei do L, pero si ti dis que lle falta eu non o dubido.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. e non me ía decatar!
    oiches, que interesante o libro que atopaches!, canto vas aprender mi madriña.
    Encántame pasar as follas, o ruído que fai ¿non si?
    grazas por compartir eses achazgos

    ResponderEliminar
  5. !Que chulada de libro! amin tamen me gusta pasar as follas.
    Avoa Cris

    ResponderEliminar

És humano ti ?