Páxinas

venres, 8 de outubro de 2010

Casa das latas de Vilaguindastre


Pois si, no traxecto dunha farmacia a unha panadería da miña parroquia topei esta mostra de reciclado: unha nova casa das latas. Onte o día estaba de chuvia e tampouco a foto abarca toda a propiedade que queda fóra outra lancha que está á dereita. Tés que ampliar a foto dando dobre click para ver detalles curiosos.
Esta casa non é tan rimbombante como a outra pero ti dálle tempo que hai un par de anos apenas tiña algo.
En fin; imaxinación ao poder !.

5 comentarios:

  1. Pois de lata será pero parecer no o parece e tenche un colorido.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Ñó, vaia "enlatado" que atopaches!
    E vexo eu mal, ou hai unha bandeira andaluza perto da de Spain?.

    O do seiscentos en pedestal non ten prezo eh!

    ResponderEliminar
  3. canta xentiña creativa hai por aí...
    canto talento! [e sentido práctico]

    bo achazgo

    ResponderEliminar
  4. Tes un ollo clínico...
    Onde estará este monumento á chapa! Daría un bo parque de atraccións.

    ResponderEliminar

És humano ti ?