Pois si, no traxecto dunha farmacia a unha panadería da miña parroquia topei esta mostra de reciclado: unha nova casa das latas. Onte o día estaba de chuvia e tampouco a foto abarca toda a propiedade que queda fóra outra lancha que está á dereita. Tés que ampliar a foto dando dobre click para ver detalles curiosos.
Esta casa non é tan rimbombante como a outra pero ti dálle tempo que hai un par de anos apenas tiña algo.
En fin; imaxinación ao poder !.
Pois de lata será pero parecer no o parece e tenche un colorido.
ResponderEliminarBicos
¡Mi madriña!
ResponderEliminarBicos.
Ñó, vaia "enlatado" que atopaches!
ResponderEliminarE vexo eu mal, ou hai unha bandeira andaluza perto da de Spain?.
O do seiscentos en pedestal non ten prezo eh!
canta xentiña creativa hai por aí...
ResponderEliminarcanto talento! [e sentido práctico]
bo achazgo
Tes un ollo clínico...
ResponderEliminarOnde estará este monumento á chapa! Daría un bo parque de atraccións.