E segue pasando o tempo e o pequerrecho cambia. Despóis dunha tempada caprichosa chegou a esta onde está cariñoso e está obedecendo e portándose ben. Agora perdeu o medo ao comedor do cole gracias a Maite, a súa profe; e vai contento á piscina cos compañeiros. Está cunha etapa enamorado dos números e conta todo para adiante, para atrás, pon dedos para contar, para sumar, etc.
O outro día dixo que faltaba algo da cociña cando ía para o cole. Eu díxenlle que era a bolsa da merenda e el dixo: " Non, fáltame un bico teu ".
Espero que dure esta etapa !.
É algo moi bonito velos crecer, e todos eses cambios que teñen.Queiman etapas. O problema está en que crecen demasiado e fanse independentes. Grazas a Zeus.
ResponderEliminarApertas
Pero que feito!!!! Dan ganas de comelo.
ResponderEliminarQué ledicia cando botan en falta os nosos bicos...
ResponderEliminarA miña filla ten oito meses máis que Leo. Están nunha idade moi fermosa (bueno, como todas...).
Bicos
Terás que empezar a contar en anos.
ResponderEliminarVaia, Leo xa sabe como conquistar ao pai. Dáme a min que é un neno moi intelixente.
ResponderEliminarBicos
Goza destes momentos o máis que poidas porque un bo día igual deixan de lembrar o bico ao saír pola porta. Ben é verdade que logo o volven recuperar, pero xa é diferente...
ResponderEliminarUn bico para Leo e parabéns polos seus avances. Tamén para ti, pois tés moita parte no progreso.
Gustoume iso de que falta un bico.
ResponderEliminarVouche ter que regalar un babeiro...
Eses son os momentos que valen a vida. Que medre por sempre cos teus bicos pendurados das fazulas!!
ResponderEliminarQuédavos unha etapa moi doce aínda. Disfrutádea!
ResponderEliminarVexo babas jajajajaja.
ResponderEliminarPero e lóxico. Meu pai dicía que non terían que medrar.
Bicos.
Da ganas de que non medren...¿verdade?
ResponderEliminarEstá para comelo.
Saúdos
moi bonita a foto do leo.
ResponderEliminara min estes posteos teus sempre me producen algo de melancolía
[hai quen lle chamaría envexa, pero non, que estou contenta de ter o meu criado xa]
mais, asi e todo...
;-)
¡si que está cariñosiño sí!... o teu Leo sabe moito.
ResponderEliminarbiquiños,
nesa pose semella un detective!!! é tan guapo e doce... Apertas aos pais que fan un neno asi de riquiño :-)
ResponderEliminar