Páxinas

mércores, 6 de outubro de 2010

Ledicia


Rematou setembro coas festas en Vilaguindastre e comezou outubro de mala maneira cunha tormenta impresionante, un coche que non encende, a tele que semella que por fin colle emisoras, internet que vai e vén, o frigorífico que acumula xeo, etc.
Pola contra houbo cousas boas como recibir un libriño e un debuxo agasallos dun blogueiro, uns zapatóns novos, algunha sorpresa e o avistamento de cousas curiosas que teño que fotografar.

6 comentarios:

  1. Boa (ou mala?) tormenta, si. Agardo as fotos, sempre me fas sorrir.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  2. fíxome sorrir o balance.

    [hai cousas nel que a min non me pasan porque, simplemente, as ignoro.- calquera día sáeme un pingüino da nevera]

    ResponderEliminar
  3. Un bon balance, ben doméstico, como cómpre e como a min me gustan.
    Eu tamén sufro pola miña neveira.

    ResponderEliminar
  4. Agora quedo intrigada co dos avitamentos....
    E polo demáis como di un amigo..."sempre hai cousas" :)
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. Daquela, o outono preséntase... ambivalente...

    ResponderEliminar
  6. Desculpa a tardanza, pero por outra veira xa sabes, mellor adiado que nunca. Saúdos e apertas

    ResponderEliminar

És humano ti ?