Rematou setembro coas festas en Vilaguindastre e comezou outubro de mala maneira cunha tormenta impresionante, un coche que non encende, a tele que semella que por fin colle emisoras, internet que vai e vén, o frigorífico que acumula xeo, etc.
Pola contra houbo cousas boas como recibir un libriño e un debuxo agasallos dun blogueiro, uns zapatóns novos, algunha sorpresa e o avistamento de cousas curiosas que teño que fotografar.
Boa (ou mala?) tormenta, si. Agardo as fotos, sempre me fas sorrir.
ResponderEliminarBicos.
fíxome sorrir o balance.
ResponderEliminar[hai cousas nel que a min non me pasan porque, simplemente, as ignoro.- calquera día sáeme un pingüino da nevera]
Un bon balance, ben doméstico, como cómpre e como a min me gustan.
ResponderEliminarEu tamén sufro pola miña neveira.
Agora quedo intrigada co dos avitamentos....
ResponderEliminarE polo demáis como di un amigo..."sempre hai cousas" :)
Bicos
Daquela, o outono preséntase... ambivalente...
ResponderEliminarDesculpa a tardanza, pero por outra veira xa sabes, mellor adiado que nunca. Saúdos e apertas
ResponderEliminar