Esta semana estou aprendendo outro posto de traballo e, co el, tamén aprendo ou relembro palabras galegas. A que aprendo é " poxeira " que é o pó que se levanta e a que relembro é " lapuzada ".
A min pásame como a Zeltia que o galego me pon a andar e non como a outra xente que lle dá baixón este idioma tan paleto.
A min alédame cando lle pregunto a Leo en que idioma quere que lle lea os contos diarios para durmir e a súa escolla é galego. En cambio, o que di esa rapaza do Gran Irmán ou que pelegrine o exército español diante da Torredocaminho xa non me aleda tanto.
Hai moitas palabras do idioma galego que se nos escapan a quen o falamos a cotío e veño, contigo, de descubrir dúas máis. Grazas.
ResponderEliminarO da moza esa de GH, en fin, para min non merece comentario, pois fala por si mesma. É o que ten a falta de cultura, fai que haxa xente que aterre en espazos coma ese, no que a rapaza solta o seu discurso de manía ao galego, nun castelán totalmente imperfecto, cheo de xiros que non son propios do idioma de Cervantes.
Ou o que é o mesmo: no fala galego porque seica non sabe e non lle gusta e o castelán fálao mal. Conclusión: non sabe falar. Mellor ca en GH debía estar facendo un curso de oratoria eficaz.
Un saúdo e parabéns para Leo, polo escolla do idioma no que quere escoitar os contos.
Só é unha rapaza de GH. Só iso, e xa é ben tristeiro...
ResponderEliminarBicos.
pois eu con esta entrada túa aprendo poxeira (que só uso "poeira") e relembro lapuzada, que non sei como a esquecín, se miña nai utilizábaa moito!
ResponderEliminargustoume ver enlazada aí unha das miñas batallitas de la abuelita paz :)
Eu non sei se coñeceis a verba "borralleira" que se di pola Galicia Irredenta.Claro que ten varia acepcións, mais unha delas é a mesma que puxeira.
ResponderEliminarO de GH, mellor deixalo. Definese solo.
Apertas
Vai o vello morrendo, e vai aprendendo...
ResponderEliminarJajaja, non te me ofendas, que en realidade decíao por min!.
Apertas
Tanto dinheiro mal gasto com os militares!
ResponderEliminarA min, esa pobre rapaza, que lle dan "bajones" cando lle falan en galego, dáme moita lástima, pobriña, que cruel é a ignorancia!
ResponderEliminarFíxate onde está, nunha gaiola para estudar o seu comportamento. A min ese concurso lémbrame aquela película que se titulaba "El planeta de los simios", porque tamén metían aos humanos en gaiolas para estudalos.
O que me preocupa é o que fan "eses" que se supón teñen que dar exemplo, e non fan máis que darlle patadas a lingua e aquí, como se non pasase nada, e seguirán vivindo a conta dos galegos e seguirán ganando eleccións.
Bicos