Páxinas

sábado, 19 de febreiro de 2011

Poxeiras e lapuzadas


Esta semana estou aprendendo outro posto de traballo e, co el, tamén aprendo ou relembro palabras galegas. A que aprendo é " poxeira " que é o pó que se levanta e a que relembro é " lapuzada ".
A min pásame como a Zeltia que o galego me pon a andar e non como a outra xente que lle dá baixón este idioma tan paleto.
A min alédame cando lle pregunto a Leo en que idioma quere que lle lea os contos diarios para durmir e a súa escolla é galego. En cambio, o que di esa rapaza do Gran Irmán ou que pelegrine o exército español diante da Torredocaminho xa non me aleda tanto.

7 comentarios:

  1. Hai moitas palabras do idioma galego que se nos escapan a quen o falamos a cotío e veño, contigo, de descubrir dúas máis. Grazas.
    O da moza esa de GH, en fin, para min non merece comentario, pois fala por si mesma. É o que ten a falta de cultura, fai que haxa xente que aterre en espazos coma ese, no que a rapaza solta o seu discurso de manía ao galego, nun castelán totalmente imperfecto, cheo de xiros que non son propios do idioma de Cervantes.
    Ou o que é o mesmo: no fala galego porque seica non sabe e non lle gusta e o castelán fálao mal. Conclusión: non sabe falar. Mellor ca en GH debía estar facendo un curso de oratoria eficaz.

    Un saúdo e parabéns para Leo, polo escolla do idioma no que quere escoitar os contos.

    ResponderEliminar
  2. Só é unha rapaza de GH. Só iso, e xa é ben tristeiro...
    Bicos.

    ResponderEliminar
  3. pois eu con esta entrada túa aprendo poxeira (que só uso "poeira") e relembro lapuzada, que non sei como a esquecín, se miña nai utilizábaa moito!

    gustoume ver enlazada aí unha das miñas batallitas de la abuelita paz :)

    ResponderEliminar
  4. Eu non sei se coñeceis a verba "borralleira" que se di pola Galicia Irredenta.Claro que ten varia acepcións, mais unha delas é a mesma que puxeira.
    O de GH, mellor deixalo. Definese solo.
    Apertas

    ResponderEliminar
  5. Vai o vello morrendo, e vai aprendendo...
    Jajaja, non te me ofendas, que en realidade decíao por min!.

    Apertas

    ResponderEliminar
  6. Tanto dinheiro mal gasto com os militares!

    ResponderEliminar
  7. A min, esa pobre rapaza, que lle dan "bajones" cando lle falan en galego, dáme moita lástima, pobriña, que cruel é a ignorancia!
    Fíxate onde está, nunha gaiola para estudar o seu comportamento. A min ese concurso lémbrame aquela película que se titulaba "El planeta de los simios", porque tamén metían aos humanos en gaiolas para estudalos.
    O que me preocupa é o que fan "eses" que se supón teñen que dar exemplo, e non fan máis que darlle patadas a lingua e aquí, como se non pasase nada, e seguirán vivindo a conta dos galegos e seguirán ganando eleccións.
    Bicos

    ResponderEliminar

És humano ti ?