Páxinas

domingo, 20 de febreiro de 2011

Risos e refráns


O outro día o Leo aprendeu o que era " pedir papas "que é unha forma de dicir que un se rende e quere saber a resposta dunha pregunta. Onte viñamos no coche e un móbil empezou a pitar por falla de batería. Eu dixen que o móbil pedía papas e o Leo soltou con toda a lóxica do mundo: - " Que quere saber o móbil ? ".
E hoxe aprendín da bisavoa Celia un refrán sobre marzo que xa vén aí: " Marzo, marzán: á mañán cara de can, ó mediodía cara de raíña e á noite corta coma unha fouciña ".
A foto dende a casa de Arbo mostra cara de raíña fea.

7 comentarios:

  1. Unha foto moi fermosa, coñezo o refrán do mes de marzo, pero o das papas non o oíra nunca. Grazas a Leo xa sei un pouquiño máis da lingua.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. O neno estava atento à conversa!
    A foto é lindíssima.

    ResponderEliminar
  3. Que curioso, na miña casa "pedir papas" era pedir unha "pista" cando estabas a resolver algo (non te me explico moi ben non?)

    biquiñossssss

    ResponderEliminar
  4. É o que teñen os ditos, que para os nenos son unha madeixa con certas complicacións.
    (O refrán da bisavoa, coñecíao decindo "Marzo, marzán; cara de can; á mañán invernía e pola tarde verán).

    Apertas febreiriñas

    ResponderEliminar
  5. moi ben razonado o do leo...
    eu utilizoo para moitas cousas o de pidir papas! en moitos contextos.

    a variante do refrán que coñezo eu nin rima nin nada:

    marzo marzán, á mañá cara de rosa, á noite cara de can.
    [o que é visto e que ten cara de can]

    ResponderEliminar
  6. Xa o temos aí, que chegue pronto a primavera. Xa vin que ata me enlazaches no post da lamprea. Pois nada, graciñas entón.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  7. Marabilloso o lugar!!!
    Tocou finde de palabras recolleitas

    ResponderEliminar

És humano ti ?