Páxinas

domingo, 29 de maio de 2011

Cincuenta e seis meses ( e dous días )



Aquí está o Leo comendo pizza e mirando os pingüíns de Madagascar, dúas das actividades que máis lle gustan. Outras son recortar números e letras escritos en papel e montar historias. Non para de falar ou cantar cancións inventadas. Ten defectos, está claro, como que é difícil de movelo dun sitio ou que hai veces que muda a súa voz para unha parva que nos desespera ou como o de hai dúas semanas que empezou a dicir unha cousa perigosa; que se aburría.

Tirando estes tres defectos estamos contentos co el como cando inventa palabras e o seu significado como " remanar : tirar con sorte ".

A ver o seguinte mesario como está coa irmanciña recén nacida !.

13 comentarios:

  1. EStá feito un mozo de "ferro".Haberá que irle buscando moza.
    Cando veña a irmá, coido que xa non se aburrirá, sobretodo se o facedes responsable dela ós pouquiños.

    ResponderEliminar
  2. Ben, a chegada da irmá seguro que o saca do aburrimento...
    Pero está feito un home creativo. Ogallá siga así sempre.

    ResponderEliminar
  3. Xa queda tan pouco?!!! Espero que nos poñas unha foto da acabada de nacer e nos digas o nome!!

    ResponderEliminar
  4. Pois seguro que cando veña a irmaciña tamén andará algo perdido e tentará chamar a vosa atención; pero seguriño que disfrutará dela. E moito máis ela del.

    Apertas

    ResponderEliminar
  5. seguro que todo ha ir ben, e seguirá a comer pizza tan contento.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  6. O da voz tamén o fai a miña, que me pon a voz da nena do exorcista cando me fala por teléfono; algunha vez até a ameacei con colgarlle se non falaba como a xente.
    E o de aburrirse é que seguramente agora aprendeu a palabra, non teña medo

    ResponderEliminar
  7. Olvideime da meniña: que todo vaia ben, que ao mellor no próximo post xa nos vén a noticia.

    ResponderEliminar
  8. Tás um papá babadinho... e tens razão!"

    ResponderEliminar
  9. xa vén a nena?
    que prontiño pasan os embarazos alleos!
    e hai nervos???

    :-)

    Esperemos que o príncipe destronado non se sinta moi destronado...

    ResponderEliminar
  10. Como fago como fixo DAvid, co seu irmao,....o levades claro.
    Dende o primeiro dia ..dixo .-Le voy a pegar....¡¡¡¡ e dende enton, o ignora olimpicamente...Cousas xa se sabe...

    ResponderEliminar
  11. Estamos pendentes do acontecemento, un bico moi forte para todos e en especial para Ana.

    ResponderEliminar
  12. Leo, total, como xa nos ten afeitos: bo mozo e ocorrente. A chegada da irmá: unha esperanza, unha promesa, unha ilusión, o mellor xoguete para Leo e tamén un chisquiño de celos.
    Moita sorte e felicidade nesa vosa nova andaina.

    ResponderEliminar
  13. Que bonito e crescido está. A irmãzinha logo lhe vai fazer passar o aborrecimento.
    Um abraço

    ResponderEliminar

És humano ti ?