Páxinas

sábado, 21 de maio de 2011

VIII Festival de Cans

Mentres uns traballan na veigha.



Outros asisten a estreas. Blogueira incluida na escaleira.



Outros divirten e divírtense versionando " O tren " de Andrés Dobarro.




Outros mostran a súa faceta máis primitiva.




Hai famosos como Antón Reixa ou un Manolo Rivas que camiñaba lixeiro non sei cara a onde.




Tamén descubrín un chimpineiro que foi un antecesor no meu posto de traballo.




Cans é unha peregrinaxe de xente con ganas de divertirse e descubrir novas sensacións.


En definitiva: Cans non deixa indiferente e menos a un que foi aquel neno de trece anos que errou o camiño de volta nun xaneiro frío e maldurmiu nun penedo. Mentres, noutro punto do monte un can da Garda Civil buscaba sen éxito o rastro dun pixama para máis desesperación duns pais.

13 comentarios:

  1. Excelente reportaxe gráfico con bós pés de foto.

    Perderse polos montes se non se coñecen ben é algo habitual, mais as distancias pola zona non so demasiado grandes.

    O susto debeo de ser gordo ¿Nonsí?

    ResponderEliminar
  2. O nome que ao mellor envergoñou durante séculos, agora revelouse unha vantaxe digna de envexa.

    ResponderEliminar
  3. Ir aló é un deses "soños" que sempre levo na maleta. Mas cando chega o momento sempre xorde algo que fai dicir "para o ano irei". Ás veces teño medo de que o ano non chegue. Mais para o próximo, irei!!

    ResponderEliminar
  4. Gosto desta alegria de viver!

    ResponderEliminar
  5. O do paseo de chimpíns é unha idea caralluda. E que dicir das proxeccións en naves de bloques.

    Vou votar, que xa é hora

    Apertas

    ResponderEliminar
  6. Vaia reportaxe ben documentada.
    Bicos

    ResponderEliminar
  7. Ao festival de Cans no Porriño, vai de morto quen non foi de vivo!
    Eu tampouco fun aínda, antes por estar fóra, agora por ter o finde ocupado... algún ano irei.

    ResponderEliminar
  8. Vese que hai animación e unha oferta tan ampla que é difícil escoller.
    Boa reportaxe!

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  9. Ei! Eu a ti non te vin... como non avisaches?! Estaba tamén o Leo? Gho, que rabia :(

    ResponderEliminar
  10. mágoa de non saber o de Cans antes, porque gustaríame ver o ambiente.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  11. Ese festival reune moitas das cousas que me gustan.
    E eu aínda sin ir.

    :-(

    (nunca me entero)

    ResponderEliminar
  12. Re-paseando polo teu blogue decateime hoxe da similitude da primeira imaxe co post Estercar, que puxera na Chousa non fai moito.

    ResponderEliminar
  13. Bos días amicus:
    Vaya, cuántas subidas y escaladas hicimos al "Pianista"....Esa foto de esa gran roca....Eran otros tiempos por Tui,Vigo,Crecente,Arbo,Ponteareas,As Neves,Porriño,Redondela,Covelo,Avión,Barciademera,as gándaras, os penedos enormes, as rochas do Louro, do Tripes, a Picarana, O Budiño....
    Deica logo amicus.

    ResponderEliminar

És humano ti ?