Páxinas

sábado, 4 de xuño de 2011

The final countdown




Empezou xuño coas formigas aladas e as anduriñas voando os ceos. En Vilaguindastre florecen concertos e inchables e o fotógrafo omnipresente está alí. Dúas rapazas falan de dietas mentres comen sen problemas dúas pizzas medianas e un litro de cocacola. No traballo loce unha foto de Ait Ben Haddou para relembrarme canto me falta por visitar no mundo. E a canción " The final countdown " está presente nestes últimos días de espera pola nena.

Unha curiosidade: no minuto 3:03 cantan en galego e din " Meu pai non canta ".

7 comentarios:

  1. pois é verdade: meu pai non canta!
    recordáchesme ese programa de radio que facían isto con moitas cancións, e saían verdadeiros disparates divertidísimos.

    respecto da foto... aínda non é dos sitios que máis lonxe quedan!.-
    (manteñamos a ilusión)

    ResponderEliminar
  2. Dulce espera na que estades. A nena chega para moi boa época. Axiña poderedes paseala por Vilaguindastre no seu carruaxe.

    [Enseñeille a meu pai o minuto 3,03 de "The final countdown" e díxome: E logo para que lle dis a todo o mundo que eu non canto. Qué lles importa se canto ou asubío!]

    ResponderEliminar
  3. Estou dacordo co pai de Chousa.
    Mias eu tamén asubio. Mal pero moito.

    ResponderEliminar
  4. Os miúdos adoran estas coisas... e os graúdos também!!

    ResponderEliminar
  5. Alédome que lle gustasen as suposicións.
    Noraboa polo da nena, ¿haberá outro blogue que leve o seu nome cando saia da panciña?
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  6. Que? Como vai o choio? Xa naceu a meniña? Como se chama? Como se atopa a nai? Como vos atopades os demais?
    Bicos. :)

    ResponderEliminar
  7. Xenial o de "meu pai non canta"!
    Voute nomear "Especialista en linguas", porque sempre andas a fixarte nesas cousas.
    Avisa cando chegue a meniña.

    ResponderEliminar

És humano ti ?