
Xela fixo un mes o día vintecatro.

O Leo fixo cincuenta e oito meses o día vintesete. Só lle faltan dous para facer cinco anos.

Fixemos fotos co hórreo e os muiños de Toba, en Cee.

Percorremos o mercado medieval de Corcubión.

Paseamos ao longo da praia Langosteira en Fisterra.

Visitamos un día de mal tempo a igrexa e as pedras de Muxía.

Non faltou o cabo Touriñán, verdadeira fisterra de Galicia.

E demos unha volta ao redor do faro de Fisterra para ver restos de calzado queimado por pelengríns.

Adeus ás vacacións. Agora quedan as lembranzas e as fotos.
Non deixa de asombrarme o milagre da vida!
ResponderEliminaresa nena que naceu o outro día e como cambiou xa! (e leo está feito xa un rapaz grande, e tí sigues contando por meses ...pero conta, conta como che guste, que é un pracer verlles aprender e asimilar a vida, mirarlles o brillo dos ollos)
visitastes lindos sitios nas vacacións, ogallá que non che veña algo de depresión postvacacional ao empezar a traballar!
¡pero que fermosa está a pequerrechiña!, encóntrolle parecido con Leo [que está feito un home], alomenos por foto.
ResponderEliminarvisitáchedes sitios ben fermosos, eu tamén teño unha foto co hórreo, e xunto o golfiño tamén...
¡que fermosa é Galicia!
¡como pasa o tempo!
biquiños,
A xulgar pola cariña redonda de Xela, a mamá debe estar no "chasis". Que bonitiña está! E o Leíño tamén.
ResponderEliminarO bo das vacacións son eses recordos que nos quedan e a forza coa que un retoma o día a día.
Xa me tarda vervos!
Que preciosidade, verdadeiramente preciosa esa Xela! (vale, o Leo tamén está moi guapo, pero a novidade é ela)
ResponderEliminarEnfín, benvindos, e ánimo co retorno á rutina.
Xela esá preciosa, ten cara de portarse moi ben.
ResponderEliminarSupoño que estas vacacións serían distintas cun novo membro na familia.
Leo está feito un mozo e ademais moi guapo.
Bicos
Non vou repetir o que os outros din, pero penso igual ca eles.
ResponderEliminarAh! a Langosteira, que de lembranzas me trae...!
Pois a fermosa Xela hase de parecer á súa nai, que ben se ve que é moito máis ghuapa có pai :P e aproveito para lle enviar saúdos a ela, a muller que os uniu aos tres.
ResponderEliminarCo Leo pásame como cos meus sobriños, que me dan ganas de reñirlles por medraren tan rápido.
Remataron as vacacións pero segue a vida, saúdos inmensos dende a Selva.
Ai! Que pronto medran as crianzas! A pouco que nos descoidemos cómennos as papas na cabeza!
ResponderEliminarParabéns Amigo. A bebé é linda e se bem me lembro muito parecida com o Leo quando bebé. E o Leo continua um menino lindo. Parabéns pois aos felizes papás e que Deus os abençoe e os proteja.
ResponderEliminarUm abraço e bom fim de semana