Páxinas

martes, 2 de agosto de 2011

E remataron as vacacións


Xela fixo un mes o día vintecatro.


O Leo fixo cincuenta e oito meses o día vintesete. Só lle faltan dous para facer cinco anos.




Fixemos fotos co hórreo e os muiños de Toba, en Cee.



Percorremos o mercado medieval de Corcubión.



Paseamos ao longo da praia Langosteira en Fisterra.



Visitamos un día de mal tempo a igrexa e as pedras de Muxía.



Non faltou o cabo Touriñán, verdadeira fisterra de Galicia.



E demos unha volta ao redor do faro de Fisterra para ver restos de calzado queimado por pelengríns.



Adeus ás vacacións. Agora quedan as lembranzas e as fotos.

9 comentarios:

  1. Non deixa de asombrarme o milagre da vida!
    esa nena que naceu o outro día e como cambiou xa! (e leo está feito xa un rapaz grande, e tí sigues contando por meses ...pero conta, conta como che guste, que é un pracer verlles aprender e asimilar a vida, mirarlles o brillo dos ollos)

    visitastes lindos sitios nas vacacións, ogallá que non che veña algo de depresión postvacacional ao empezar a traballar!

    ResponderEliminar
  2. ¡pero que fermosa está a pequerrechiña!, encóntrolle parecido con Leo [que está feito un home], alomenos por foto.

    visitáchedes sitios ben fermosos, eu tamén teño unha foto co hórreo, e xunto o golfiño tamén...

    ¡que fermosa é Galicia!

    ¡como pasa o tempo!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. A xulgar pola cariña redonda de Xela, a mamá debe estar no "chasis". Que bonitiña está! E o Leíño tamén.
    O bo das vacacións son eses recordos que nos quedan e a forza coa que un retoma o día a día.
    Xa me tarda vervos!

    ResponderEliminar
  4. Que preciosidade, verdadeiramente preciosa esa Xela! (vale, o Leo tamén está moi guapo, pero a novidade é ela)
    Enfín, benvindos, e ánimo co retorno á rutina.

    ResponderEliminar
  5. Xela esá preciosa, ten cara de portarse moi ben.
    Supoño que estas vacacións serían distintas cun novo membro na familia.
    Leo está feito un mozo e ademais moi guapo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Non vou repetir o que os outros din, pero penso igual ca eles.
    Ah! a Langosteira, que de lembranzas me trae...!

    ResponderEliminar
  7. Pois a fermosa Xela hase de parecer á súa nai, que ben se ve que é moito máis ghuapa có pai :P e aproveito para lle enviar saúdos a ela, a muller que os uniu aos tres.
    Co Leo pásame como cos meus sobriños, que me dan ganas de reñirlles por medraren tan rápido.
    Remataron as vacacións pero segue a vida, saúdos inmensos dende a Selva.

    ResponderEliminar
  8. Ai! Que pronto medran as crianzas! A pouco que nos descoidemos cómennos as papas na cabeza!

    ResponderEliminar
  9. Parabéns Amigo. A bebé é linda e se bem me lembro muito parecida com o Leo quando bebé. E o Leo continua um menino lindo. Parabéns pois aos felizes papás e que Deus os abençoe e os proteja.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar

És humano ti ?