Ultimamente desaparecen medios informativos en galego e iso supón un retroceso no camiño do galego. A nós quédanos o traballo de manter o pouco ou muito que temos e así hoxe vou incorporar para a interrede unha palabra pouco usada que son " gharghallos ".
Onte un saco de papel " tropezou " co meu ollo e deixoumo así como sae na foto. Lembrei o que di avóM cando ten un ollo dorido. El di que é como ter " gharghallos " que veñen a ser virutas e semella unha dor expresiva e intensa. Afortunadamente non é o meu caso e o luns estarei practicamente recuperado e volverei medio esquecer a palabra " gharghallo ".
Quen emprega o galego como lingua habitual é raro que esqueza unha palabra redescuberta, sobre todo cando a persoa que a fai presente no vocabulario é alguén coma o avó ou a avoa...
ResponderEliminarE por certo, é lamentable que desaparezan os poucos medios de comunicación escritos en galego!
O peche do Xornal (en papel) deixa a prensa en galego sin presenza nos quioscos. Concordo contigo en que agora tócanos ás persoas galegofalantes seguir mantendo viva a lingua, xusto como lograron facer os nosos avós que contaban incluso con menos ferramentas ca nos.
ResponderEliminarQue che mellore ese ollo. Apertas
E não de esqueças desses malditos... Gharghallos...!!!
ResponderEliminarQue mellore o ollo, e nós a seguir pulando pola lingua, que a falta de medios temos todos nós máis responsabilidade na transmisión.
ResponderEliminarCoincidencia, eu tamén tiven un ollo rubio a semana pasada, comprei solución salina e unhas gafas de sol para curalo. Estou agora na Córcega co traballo e aquí si que fai un sol de carallo.
ResponderEliminarUn saúdo
Que mellore ese ollo!
ResponderEliminarEspero que xa esteas moito mellor dese ollo.
ResponderEliminara palabra gharghallo non me soa estraña, pero non sabía o seu significado.