No verán pode pasar de todo.
Un sábado vas a un parque dunha vila próxima cuns amigos e hai concentración ruidosa de motos e pola noite unha DJ que pincha en topless. Os carteis anunciaban a actuación pero non fun vela. Agora teño un horario máis infantil e para ver o que ensina xa hai abondo na praia, nonsí ?.
No domingo vas a Arbo e apañas moras pero á tardiña muda o tempo e os montes de Portugal non semellan estar en agosto.
Outro día o Leo xúntase cuns compañeiriños do cole e mercamos o libro de fotos da clase.
Eu fotografío un coche tuneado.
Non me quedou de todo claro que o da DJ pinchando en topless o soupeses polos carteis; se fose así...deberías compartir a imaxe. Digo eu
ResponderEliminarConcordo... falta a foto da DJ aos pulos!!!
ResponderEliminarDigo que me enteirei polos carteis que a anunciaban pero non fun á actuación que agora teño horario infantil e non eran horas.
ResponderEliminarsí, eu agora tamén teño un horario máis infantil, agradablemente infantil.
ResponderEliminarnon me gusta iso do tunning, pero este smart quedou xenial, non é un coche tuneado vulgar, é un tuneado con clase
síntome feliz cando observo o creativa que é a xente... non sei polo que... heino ter que mirar.
ResponderEliminarTá bem... estás desculpado!!!
ResponderEliminar