Páxinas

mércores, 10 de agosto de 2011

Limusiñas e máis


No verán pode pasar de todo.
Un sábado vas a un parque dunha vila próxima cuns amigos e hai concentración ruidosa de motos e pola noite unha DJ que pincha en topless. Os carteis anunciaban a actuación pero non fun vela. Agora teño un horario máis infantil e para ver o que ensina xa hai abondo na praia, nonsí ?.


No domingo vas a Arbo e apañas moras pero á tardiña muda o tempo e os montes de Portugal non semellan estar en agosto.

Outro día o Leo xúntase cuns compañeiriños do cole e mercamos o libro de fotos da clase.

Eu fotografío un coche tuneado.

Ao primeiro pensaba que era dunha empresa pero leo " porsche acaso ", " ferrari roché ", " nave especial ", " auto gnomo ", etc.

Finalmente a palabra " limusiña " sácame do erro e decátome de que o coche está tuneado e con bó gusto, polo menos para min.





6 comentarios:

  1. Non me quedou de todo claro que o da DJ pinchando en topless o soupeses polos carteis; se fose así...deberías compartir a imaxe. Digo eu

    ResponderEliminar
  2. Concordo... falta a foto da DJ aos pulos!!!

    ResponderEliminar
  3. Digo que me enteirei polos carteis que a anunciaban pero non fun á actuación que agora teño horario infantil e non eran horas.

    ResponderEliminar
  4. sí, eu agora tamén teño un horario máis infantil, agradablemente infantil.

    non me gusta iso do tunning, pero este smart quedou xenial, non é un coche tuneado vulgar, é un tuneado con clase

    ResponderEliminar
  5. síntome feliz cando observo o creativa que é a xente... non sei polo que... heino ter que mirar.

    ResponderEliminar
  6. Tá bem... estás desculpado!!!

    ResponderEliminar

És humano ti ?