Páxinas

martes, 27 de setembro de 2011

Cinco anos

Hoxe Google está de aniversario pero non é o único.



O Leo fai hoxe cinco anos que logo se di !.




Seguen existindo os seus amigos imaxinarios que levan unha vida paralela co noso mundo e así van tamén ao cole, teñen irmás e viven perto de nós.
Vai madurando aos poucos e así perdeulle o medo aos cachivaches da festa e aí o vai montado no tren preconstitucional da festa.
Agora faltaba a proba principal a ver como reaccionaba se apareceran os cabezudos.



Gústalle estar soíño xogando ás súas historias pero cando hai que xuntarse cuns amiguiños para xogar ás bolas, merendar, soprar as candeas e recibir agasallos aí o está.

Preguntámoslle que tal hoxe no cole e se xogan xuntos maiores e pequenos no patio e díxonos: - " Os maiores xoban no outro patio. No noso xobamos os pequenos da miña jaula i os das outras jaulas ".

E agora quedou frito na cama despóis de tanta bricadeira que a vida continúa.

13 comentarios:

  1. F. Míguez28/09/11, 07:28

    Parabéns, Leo e familia!

    ResponderEliminar
  2. Dalle cinco tirons de orellas ó Leo da miña parte, pero cariñosiños, para felicitalo polo seu cumple.

    Parécese moito a ti, vendo a túa foto de pequeno. Anda que menuda trasnada fixéchedes coa túa nai!... ¡O que puido pasar!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. Parabéns ao Leo e restante família. que possam festejar todos juntos por muitos e felizes anos.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  4. Parabéns e a seguir cumprindo!

    ResponderEliminar
  5. Parabéns a Leo.
    Gustoume moito iso das "jaulas".
    Bicos

    ResponderEliminar
  6. Parabéns para o Leo e seus pais.

    ResponderEliminar
  7. Mon e Maria29/09/11, 12:59

    Dalle un bico o Leo da nosa parte. Xa esta feito un home.

    Parécese muito a ti de pequeno. Eso sí, tiñas unha car de traste que no parabas con ela.

    Bicos para Ana, para Xela, que guapiña está, e tamen para ti.

    Nos vemos no Nadal

    ResponderEliminar
  8. bueno, bueno, facía un montón que non viña por aquí, bueno, nin por aquí nin case por ningures, que temos agora un lío montado de medo. Pero xa me estiven poñendo ao día.

    Xa vin que o xureliño está enorme e preciosa e non entendo como aínda non o comíchedes!!

    Que o Leo é caghadinho ao seu pai de pequeno.

    E que é imposível que cumprira xa 5 anos, mimadriña como pasa o tempo!!

    Un biquiño moi grande, moi grande
    m*

    ResponderEliminar
  9. Os meus parabéns ao teu Leo... por esses sorridentes 5 anitos!!

    E ao Google também... que é uma ferramente preciosa.

    ResponderEliminar
  10. Parabéns polo seu aniversario, aínda que a felicitación chegue con dous días de retraso.
    Está feito un mozo!

    ResponderEliminar
  11. Parabéns con atraso, pero parabéns!!!

    ResponderEliminar
  12. chego tarde para felicitar ao leo, inda que para as felicitacións sempre hai sitio.

    segue con esas palabras que moita envexa me da, que a min non se me ocorren jaulas pordió que poder de descripción!

    ResponderEliminar
  13. Xa ten un lustro o Leo!!!. Pois moitos parabéns dende Antas para toda a familia.

    ResponderEliminar

És humano ti ?