Páxinas

martes, 29 de novembro de 2011

Sempre aprendendo



Sempre se aprende, lembra e ri. Esta fin de semana aprendín da bisavoa Celia que " facer as beiras " significa arrimarse a alguén aparte de namorar. A avoaM quería arrimarse a Xela pero estes días andou coa moqueira así que a nai lle dixo: " Non lle fagas as beiras á nena ! ". Tamén aprendín que " facer aghuardente " significa pingar o nariz pola catarreira como dixo avoaM nada máis baixarmos do coche en Arbo.

Lembrei a palabra " aghoar " que é o que fai Xela cando mira a xente a comer que semella que tamén quere comer. Busqueina no dicionario de dicionarios e parece que esta palabra é só do sur de Pontevedra.

Tamén coñecín unha chica que segue este blogo dende o principio e por fin coñeceu a Leo en persoa. Xuro que non é familia nin a coñecía de antes e sempre dá unha alegría unha cousa así.

E tamén rimos con Leo como non podía ser doutro xeito.O outro día foi ao baño e funlle fechar a ventá. " Para que non che entre o frío ", díxenlle; e el respondeu: " E que así temos un problema. Si se conxela o cu o buraco é redondo e o hielo é cadrado. "

12 comentarios:

  1. O de "facer as beiras" eu sempre o oín con ese significado que dis que che dixo a avoa.
    Rin un pouco coa acurrencia de Leo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. O de facer as beiras por aquí tamén quere dicir andar a namorar, mais tamén arrimarse a alguén co fin de engatusar ou, non sei como dicilo, facerlle a pelota ou algo así.
    A ocurrencia do Leo é mundial o que puden rir.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. Se non se aprende algo case todos os días, sería moooooi aburrido. ;)

    ResponderEliminar
  4. Na miña terra decian: "Xa falan", e como consecuencia fulano fala con fulana, ou fulana fala con fulano
    O de facer as beiras tamén valía.

    ResponderEliminar
  5. pois se non para de agoar, é unha agoadisa ...na nosa familia é de uso máis común o sustantivo que o verbo :)

    ResponderEliminar
  6. Estas frases feitas e com um signifiocado preciso fazem parte daquelas tradições que é importante guardar!
    É um património riquíssimo da nossa língua!

    ResponderEliminar
  7. aghoar nunca o escoitara,
    e nin sequera me quedou moi claro que é o que significa...

    parece que aprendiches moito vocabulario,
    e quedaríache a cara a cadros, despois da clase de xeometría do Leo

    ResponderEliminar
  8. deume a risa coas cousas do Leo, pero hai que ver como son estes nenos, que ocorrentes!

    o diccionario de diccionarios é unha pasada, fai tempo que o veño utilizando para buscar palabriñas que non sei.

    eu coñecía o de facer as beiras pero en sentido amoroso, non sabía que se utilizaba doutro modo.

    biquiños e gracias polo aprendizaxe.

    ResponderEliminar
  9. Pois eu tamén utilizaba o de "facer as beiras" co sentido de achegarse a alguén para conseguir algo.
    E o de aghuar tamén o dicimos por Perdecanai; porén a persoa que o fai é "deghuadiza".
    En Chapela seica din "aghodiso".

    ResponderEliminar
  10. "Facer as beiras" co significado de "arrimarse a alguén", non o oíra. Mais si un razoamento semellante ao de Leo, contábamo meu avó. Como era posible que o burro tendo o cu redondo cagase cadrado. E que era pq dentro del había uns canteiros que... Ese Leo sabe moito

    ResponderEliminar
  11. Creo que entendo ao Leo: o xelo é cadrado porque o ve maiormente sacado da neveira, en cadradiños. Tés que mercar moldes esféricos para a neveira e verás que redondo lle parece o xeo, daquela non existirán problemas de ventás de baño abertas ou pechadas.
    Saúde e apertas.

    ResponderEliminar

És humano ti ?