Páxinas

martes, 13 de decembro de 2011

Cesta



Nestes tempos tan revoltos de crise sempre se agradece ter un salario e ter unha cesta polo Nadal que cambiou pouco con respecto ao ano pasado.

Que polo menos siga así !.

9 comentarios:

  1. a meu pai, xubilado de Navantia, tamén lle dan turrón Pico na súa cesta navideña, que por outra parte tén que declarala na Renda como Retribución en especie.

    pero xa é unha tradición

    biquiños,

    ResponderEliminar
  2. Tes razón, que a cousa non sexa peor, que polo menos, ao que a cesta se refire, todo siga o mesmo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. cada ano que che vexo a cesta, Pai de Leo, dasme unha envexa de medo!
    (eu só recibín cesta dous ou tres anos na miña vida.)

    ResponderEliminar
  4. A min tamén me dan unha cesta polo nadal, e fai ilusión coma se nos tocase a lotaría, a verdade conformamonos con pouco, pero case mellor así somos máis felices.
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  5. pois sí que se agradece sí. Na empresa que traballo agora nin cesta nin cea de Nadal, pero bueno, peor sería estar no paro.

    ResponderEliminar
  6. A miña non chegou nin mandaron recado de que viña, creo que os recortes foron de todo no meu caso. Un saúdo

    ResponderEliminar
  7. Que eu lembre, nunca recibín unha cesta de Nadal.

    ResponderEliminar
  8. Parabéns por esa cesta, seguro que o mereces. E hoxe iso é unha bendición.

    ResponderEliminar
  9. Bo proveito, amiguiños! Coa vosa cesta lembro algunhas coas que ás veces chegaba meu pai,cando nena... Que bonito recordo!

    ResponderEliminar

És humano ti ?