leoeosseus

domingo, 12 de decembro de 2010

Ross Jonander


Se falamos de tradicións nadaleiras non podemos esquecer a cesta da empresa e a comida. A cesta sae na fotografía e o xantar foi honrado ( segundo dixo o xefe ) pero non se pode esixir demasiado tal como están os tempos.
Este ano foi ao xantar a mistura de Ross e Jonander, un compañeiro simpático e boafé que perde case todo e non se enteira de muito e cantou a Rianxeira que é a canción oficial dos novos da empresa. O ano pasado non foi ao xantar. Estaba de vacacións e cando o chamou o xefe para preguntarlle se ía o Ross Jonander respondeu que ía se lle pagaban como horas extras o tempo do xantar.
Verídico.

Etiquetas: ,

10 comentarios:

Ás 12/12/10, 22:24 , Blogger Unknown dixo...

Este ano non haberá moitas cestas, disfruta da túa que es un sortudo.

Bicos

 
Ás 12/12/10, 22:49 , Anonymous Mr Tichborne dixo...

Grande o Jonander! De onde ven ese alcume?
Dígoche o de Ana, desfruta das cestas, que están en perigo de extinción

 
Ás 13/12/10, 00:43 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Unha cesta de navidá!!
na miña Empresa Jrande, non me dan!
nin cea nin hostias!

morta de envexa é como estou. (igual é porque non aturo o nadal, que me pon triste e me fai sentir coma un can verde, coma se eu fose doutra galaxia e todos os humanos tiveran un vínculo que eu non comprendo)

 
Ás 13/12/10, 11:23 , Blogger fonsilleda dixo...

O do teu compañeiro e moito jajajajaja.
Eu xa non teño cesta, nin caixa, nin sequera un paquetiño pequeno.
É certo que ainda hai cariños pra mercar algo.
Saúdos.

 
Ás 13/12/10, 13:59 , Blogger Bolboreteira dixo...

jajajaja! que morro lle botan algúns..Eu aindaq teño que pasar polo trance da cea de empresa e vermos se hai cesta..
Bicoss!

 
Ás 14/12/10, 03:17 , Blogger An dixo...

Pois a gozala con saúde. apertas meu-

RuAn en ediciona.

 
Ás 14/12/10, 07:25 , Blogger Concha L. F. dixo...

A miña empresa tampouco me dá cesta de nadal. E este ano, menos mal se non lle mete aínda máis a tesoira á extra! E iso que é unha empresa grande!

Saúdos.

 
Ás 14/12/10, 10:13 , Blogger matrioska_verde dixo...

de seguro que tivéchelo que pasar ben; ti e todos, seguro.

¡moitas botellas vexo!... vai ser un nadal moi ben regadiño.

bicos.

 
Ás 14/12/10, 20:16 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Fai anos que na miña canteira o que máis interés despertaba da cesta de Nadal era a propia CESTA!. É certo tamén. Sempre era unha bolsa moi "cuca". Nos últimos anos ven sendo un encargo do cortinglés metido nunha caixa de cartón. E benvida sexa, que non lle fago noxos, líbremeodiaño!

 
Ás 14/12/10, 23:13 , Blogger Dilaida dixo...

Bebidas e turrón xa xuntaches. Non está mal a cesta. Felices festas, bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio