Páxinas

xoves, 29 de decembro de 2011

Sobremesas de Nadal



Neste tempo temos fartura de dóces e en Arbo hai dous que non faltan estas festas. Un é a torta de roxóns que sae na foto e outras son as torradas de viño. Se queres saber como se fai a torta de roxóns hai varias receitas e podo dicir que non se nota o sabor a porco por se alguén é escrupuloso. Receita 1. Receita 2. Receita 3.

As torradas de viños son máis sinxelas de facer.

12 comentarios:

  1. Nós chamámoslle tarta de chicharróns, a miña avoa facía unha boísima!! E dos meus doces preferidos.

    Felices festas meu!!
    Un biquiño moi grande
    m*

    ResponderEliminar
  2. Lembro a torta de roxóns da miña avoa. Pero pasou xa tanto tempo!

    Boa entrada en 2012 e felices Reis!

    ResponderEliminar
  3. Pois si que está boa a torta de roxóns.
    Feliz Aninovo
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Hummm... vou nessa tarte de rojões!!!
    Eu levo o vinho... combinado?!

    ResponderEliminar
  5. ten moi boa pinta esa torta pero cos polvoróns teño abondo.

    xa collín algún kilo no que vamos de datas...

    ¡¡deus do ceo!!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  6. Nunca a probei, pero espero que haxa tempo para todo.

    Hoxe somentes deixarche aquí o desexo de que o ano que entre traia boas cousiñas para LEO E OS SEUS

    ResponderEliminar
  7. Que teñan todos un feliz ano!
    (por certo, comeza o segundo da nena)

    ResponderEliminar
  8. Hai ben anos que non cato a torta de roxóns, nin me lembraba dela

    ResponderEliminar
  9. Nunca escoitara falar dela, pero tenme moi boa pinta; así que direille á miña tía S. (ela é a raiña maga dos meus caprichos) que se poña mans á masa con ela.

    E viña tamén a desexarche unha feliz cabalgadura por este 2012 que xa irrumpiu nos almanaques. Espero coincidir en algún trote contigo.
    Apertas de Antas

    ResponderEliminar
  10. Iso si que é boa festa!!!que non se perdan os costumes propios.

    Feliz 2012 para toda a familia.

    ResponderEliminar
  11. Um grande grande ano para ti com tudo de bom
    Um abraço.

    ResponderEliminar

És humano ti ?