Páxinas

luns, 27 de febreiro de 2012

Anécdotas do Sergas




Hai tempo lin que o Sergas organizara un concurso de anécdotas e foron ao humor facilón e infantil que menospreza a fala da xente que non ten que ver co mundiño profisional médico.
Aquí copio e pego algo:

-Butano: “Box de Urgencias. Anamnesis del facultativo a un EPOC severo: -Y dígame, usted tiene oxígeno en casa? Y responde el acompañante: -Ai, non, nós na casa temos butano”.

-Mamadafría: “Estando en el mostrador de cita especializada se acerca un hombre seguido de su mujer y me dice: ´A ver, que veño ca muller do ginecólogo e dixo que lle hai que facer unha mamadafría`. En principio no supe ubicar la prueba a la que se refería, pero al instante se me iluminó la bombilla y dije: ´¿una mamografía?, si eso eso, pero que seña pronto. Bestial!!! (…). Me tuve que levantar para buscar el documento correspondiente (y partirme el culo de risa de paso, jejejeje)”.


E como estamos aquí todos para rir eu contribúo a ese concurso de anécdotas coa foto que demostra que os libros do centro de saúde de Vilaguindastre teñen vida propia. Iso si que é unha boa anécdota !.

13 comentarios:

  1. Que sorte!!! Tedes libros que se soben aos andeis eles sós.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Gostei.
    Um abraço e uma boa semana

    ResponderEliminar
  3. Xenial o cartel, co teu permiso voullo mandar a unhas amigas do Sergas.

    ResponderEliminar
  4. pois moi ben, paideleo!, vou farta de escoitar a famosa do Doctor Rino.

    ResponderEliminar
  5. Ehehehehehe... óptimas as 3 anedotas!!
    A vida supera toda a imaginação!

    ResponderEliminar
  6. Ai que tomar a vida con filosofia, e o traballo con resignacion ...porque tal e como anda o patio, xa non se sabe que é o peor que nos pode pasar.....Pero dende logo a capacidade de botar un sorriso que non falte....

    ResponderEliminar
  7. O do cartel fíxome pensar un anaco na posibilidade de que os reanimasen moito no centro de saúde :-)

    ResponderEliminar
  8. Pois si que andamos mal na sanidade. Nin os andeis poden estar os pobres dos libros :(

    ResponderEliminar
  9. Que razón tes, e que bo ese cartel.
    En Vilaguindastre tiña que ser...

    ResponderEliminar
  10. boísima calquera delas, jaja, a foto xa cha roubei para o facebook

    ResponderEliminar

És humano ti ?