Páxinas

sábado, 25 de febreiro de 2012

Oitavo mes ( e máis un día )




A xoubiña fixo o seu oitavo mes de vida e siga cunha vitalidade imparable. Agora agataña a toda velocidade detrás de todo o que se mova. Pasou de estar sentada a agatañar rapidamente e sen pasar pola etapa de agatumar ( gatexar co corpo pegado ao chan ). Agora volve meter o polegar esquerdo na boca mesmo xogando con algo na outra man. Hai veces que lle pomos un calcetín na man esquerda para que deixe o dedo tranquilo un momento. Todo debe de ser pola dor de enxivas que lle estarán a nacer máis dentes aparte dos dous que ten. Progresou no " falar " e deixou de fungar tanto coa boca fechada e pasou a gaguexar muito tempo. Imita os movementos de cabeza para dicir non e ri cando lle rin. Vai comendo unhas veces mal e outras millor e segue coa teta. É mui curiosa e dorme ben agora de noite que aí atrás estivo atascada de mocos e espertaba cada pouco.


E segue a conta.

8 comentarios:

  1. Xela está feita unha mociña, dentro de nada verala correr e comezara o verdadeiro traballo para vós, cando queren chegar e tocar todo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Xa o sabes, pois tes ollos. Mais aínda así vólvocho dicir. É preciosa, ten uns ollos que enxergan un mundo e un sorriso que fai renacer camiños. Nunca perdes ese mirar de fronte, xoubiña!!

    ResponderEliminar
  3. E está liiiinda!
    Como tem crescido!
    E em junho já faz um anito!
    ...o tempo passa!

    ResponderEliminar
  4. Ten un aspecto de saúde que dá gloria vela.

    ResponderEliminar
  5. Está linda. Um dia destes está a caminhar. Que Deus a proteja e lhe dê um caminho livre escolhos.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  6. Gústame saber de Xela porque ten o mesmo tempo que Manu e fan as mesmas cousas. Ademáis, aprendin a diferencia entre agatañar e agatumar (e engado que Manu agatuma polo momento). Pobriños a dor que teñen cos dentes... algunha vez, escoitei ou lin que esquecemos esa dor porque, se a tivésemos de maiores, sería insoportable.
    Bicos a Xela!

    ResponderEliminar

És humano ti ?