Páxinas

luns, 19 de marzo de 2012

O señor das lampreas


Hoxe é o día do pai e non debín de ser mui malo que recibín uns agasallos marabillosos. O Leo deume un peixe-chaveiro cunha caixa de papel e unha careta e ademáis recibín unha entrada para ver Les Luthiers en directo.
O avóM gusta máis de celebrar os acontecementos cunha boa lampreada. Este ano tívoo bastante difícil que non chove e o río non leva auga e non se pescan apenas lampreas. Isto non sería obstáculo para o señor das lampreas; un home que xa se retirou e que adicou toda a súa vida á pesca no río Miño. Eu sei mui pouco del pero hai dous detalles que me quedaron na chencha.
Un é que coñecía tan ben o río, os seus remansos, os seus rápidos, os caveiros onde poñen os ovos as lampreas e todo; que a Guardia Civil chamábano sempre que desaparecía unha persoa no río que el sabía onde ía acabar flotando o cadáver.
O outro detalle era que dicía que o frío do río era bo para a fertilidade, que " peghan " ben os bichiños que ten o home. E debía de ser certo porque despois de pasar a noite no río entraba co frío no corpo na cama, arrimábase á muller e case sempre empreñaba que remataron tendo un feixe de fillos ao longo da vida.
Pois iso, feliz día do pai con lampreas ou sen elas !.

7 comentarios:

  1. Feliz día do pai, que ben merecido o tes. O da entrada de Les Luthiers é todo un regalazo; aínda me lembro cando os vin (xa hai máis de 20 anos) no antigo Teatro García Barbón. Rin tanto que me quedou magoa de non escoitar o que dicían mentres ría. E por riba son uns músicos e cantantes magníficos. Que máis se pode pedir!
    No tocante ás lampreas, creo que como siga avanzando o cambio climático van acabar desaparecendo dos ríos galegos. O ano pasado comina, a ver este ano.

    ResponderEliminar
  2. felicidades por ser pai, polos agasallos que tiveches e por ser coñecedor desa historia que contaches, única, ou pronto o será.

    Les Luthiers estiveron este finde aquí na Coruña. Encheron en todas as funcións, e seguindo a súa vella liña, siguen arrincando risas.

    ResponderEliminar
  3. Como se nota que te portaches ben.
    Feliz día do pai, bicos

    ResponderEliminar
  4. si que fuche bó...para Les Luthiers nada menos...

    ¡¡que suertudo!!

    biquiños,

    ResponderEliminar
  5. Leo a túa entrada o dia 20. Xa non chego a tempo co día do pai, de todolos xeitos felicidades.
    Eu quédome co da lamprea. Ainda que os galenos, din que teña coidado co colesterol, este bicho é unha debilidade. Inda existe a Mezquita?.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  6. Ohhhh... como eu gosto de uma boa lampreiada!!
    Hummmm...

    ResponderEliminar
  7. A primeira vez que comín a lamprea foi en Arbo. levounos meu pai e fixemos unha gran festa (iamos dende A Coruña!!)
    En A praia dos afogados faise referencia aos mapas mariños da zona, os que fan os pescantíns non os estudosos de biblioteca. Cando fun a Panxón facer o roteiro aprendín un pouco máis de todo isto, aínda que nunca saberei como fan para contar as rochas ou as distancias ou...

    ResponderEliminar

És humano ti ?