Páxinas

martes, 20 de marzo de 2012

Travesía de las Necesidades


O outro día enteireime de que Google Maps ampliou bastante a área que recolle e fun dar un " paseo " por Vilaguindastre adiante. Descubrín algunhas persoas veciñas, constatei a evolución dalgunhas obras porque hai fotos de datas distintas e por eso mesmo tiven a posibilidade case máxica de ver o meu coche en dous sitios distintos: aparcado diante da vivenda e diante do traballo.
O máis curioso foi que descubrín unha calexa cun nome rechamante e pintoresco que é a Travesía de las Necesidades. O que non sei eu é que necesidades poden ser esas para seren satisfeitas nun calexón privado. Investiguei en Google Maps a ver se existían máis travesías de necesidades no mundo pero só Vilaguindastre ten o dubidoso mérito de ter un lugar con tal nome.

12 comentarios:

  1. Que sorte! cando teñades "necesidades" non tedes máis que ir alí. Ademais iso de ser únicos en ter unha rúa con ese nome iso tamén é importante.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Se em Portugal existe um pácio das Necessidades, porque não uma rua com o nome de Travessa das Necessidade?
    Um abraço e tudo de bom para si

    ResponderEliminar
  3. Aqui esse nome também é vulgar como nome de ruas e travessas!

    Agora podemos ver tudo na net... qualquer dia até nos tiram fotos à janela!

    ResponderEliminar
  4. De primeiras pensei que era un erro de google (non teñen ben escritos os nomes das rúas - unhas son "calles", outras rúas, noutras o nome está mal...)pero así o teñen na web do concello.
    Coa de nomes que se poderían rescatar da toponimia, a quen se lle ocorrería poñerlle ese?
    Que país!

    ResponderEliminar
  5. pero mira que és ocurrente, home.

    o nome da calle ten seu aquel, e suxire moitas bromas.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  6. Passei amigo. E reparei que no comentário anteroior escrevi Pacio em vez de palácio. Peço desculpa.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  7. A min gustoume unha ruela de Muros que se chama rúa da amargura. Esa tú das necesidades é francamente suxestiva.

    ResponderEliminar
  8. Poñeríanlle o nome pensando nos cans... será a rúa para eles, pero probiños, fáltalle un pouco de verde...

    ResponderEliminar
  9. Pois non haberá máis rúas con ese nome, pero con necesidades...habelas hainas!. Á miña, sen ir máis lonxe, víñalle ben unha limpeza de cableados, por exemplo.

    (Relacionado co teu anterior posteo, en Antas se escoitamos falar dunha "lampreada" pensaríamos que alguén levou un tortazo na cara, antes que nun suculento ágape. Que cousas!)

    ResponderEliminar
  10. A min sóame o de "Calle de la Necesidad" aínda que non sei onde é. Investigarei, por si acaso.

    ResponderEliminar
  11. Por certo, en Vigo, na parroquia de Beade, hai a rúa da Vaca Morta. Sempre me fixo graza ese nome.

    ResponderEliminar
  12. as túas curiosidades son ben curiosas (bueno, quen non fixo o mesmo verdade?)
    pero o do coche nos dous sitios, jaja, se non souberamos como funciona a cousa parecería cousa de maxia.

    ResponderEliminar

És humano ti ?