Páxinas

xoves, 17 de maio de 2012

Baldío


Hoxe é o día das Letras Galegas e non miro millor motivo para ofrecer dúas frases que aprendín hai pouco.
O outro día falaba un camioneiro cousas dun novo compañeiro e dixo: " non o poñas na miña boca " que vén a significar " non digas que cho contei eu ". Isto contoumo un compañeiro que cando lle piden un sobresforzo no traballo responde: " Ei, tranquilo; ou pensas que isto é baldío ?. " que vén a dicir que muita xente se aproveita do baldío facendo a ecuación simple de que o que é de todos non é de ninguén e así faise de todo no baldío.
E falando de baldío tamén nace de todo como os xoios da foto que protagonizaron grandes batallas da miña infancia actuando de frechas que se cravaban na roupa e no pelo.
E para que non caia en baldío este día das Letras pola miña banda aparte das frases que escribín e o nome da pranta poño unha ligazón a unha máis que interesante páxina sobre o galego con muitos recursos e que ten para perderse nela como por exemplo cos cantos dos paxaros.
PD: Eva infórmame dunha ligazón boísima sobre os paxaros e teño que deixala aquí. Ademáis está creada en Vilaguindastre !.

7 comentarios:

  1. Boa forma de celebrar o día das letras, esas frases e esa palabra non son nada baldío, de seguro que non.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. E por aqui se celebrou o dia da espiga.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  3. esas herbas de cereais vinas, claro está, pero creo que non con ese nome: "xoios"...

    e a páxina é un tesouriño.
    e fíxome lembrar un paxaro que vin o fin de semana pasado, que me sorprendeu, porque no vira nunca:
    era amarelo tirando a "mostaza"; dun tamaño parecido ao dun merlo, un voo baixo e estrano, como se vivira nas matogueiras... cruzouseme no camiño, nun voo non moi rápido... deixoume tan emocionada!
    Pero agora estiven mirando por internet e non consigo atopalo.

    ResponderEliminar
  4. Moi boa entrada e suxestións. Eu tampouco sabía o dos "xoios".
    Para os paxaros hai unha páxina moi boa que fixeron no IES PINO MANSO: Aves da louriña http://centros.edu.xunta.es/iespinomanso/bioloxia/pajaros/pajaros%203.0.html

    ResponderEliminar
  5. Gustoume a entrada polo Día das Letras.
    Moi bio enlace :-)
    Apertas.

    Antón.

    ResponderEliminar
  6. o do baldío nunca o escoitei (ata agora, claro)

    tampouco escoitei nunca o nome de xoios, así que mira xa canto aprendín por vir visitarte.

    e a ligazón é moi interesante, xa estiven a xogar un pouquiños as adiviñanzas coas plantas.

    biquiños,
    e gracias.

    ResponderEliminar

És humano ti ?