Páxinas

mércores, 9 de maio de 2012

Como pasa o tempo !


O outro día topei de casualidade unha bolsa dun comercio onde saían as palabras Nunca Máis. Fixeime máis e celebran os vinte anos desa tenda poñendo unha imaxe dun acontecemento por cada ano e hai que ver como pasa o tempo. Michael Jackson semella que morreu o outro día e xa pasaron tres anos. E Lady Di que ?, pois vai facer quince anos no verán !. E iso non é nada comparado coa película Forrest Gump que xa ten dezaoito anos.
En fin, o tempo voa e nós non o controlamos.

5 comentarios:

  1. Efectivamente: voa (cómpre aproveitalo)
    Apertas.

    Antón.

    ResponderEliminar
  2. O tempo é a coisa mais relativa que conheço. É sempre diferente de pessoa para pessoa. Para quem está feliz voa, para quem sofre nunca mais passa. Para quem compra uma casa ou um carro a prestações fartam-se de pagar e nunca mais chega ao fim.
    O mesmo acontece quando está doente.
    Uma hora parece um dia, um dia semelha uma semana e por aí fora.
    Outra coisa a princesa Diana foi há 15 anos e parece que foi ontem, mas se você perde o pai ou a mãe, pode ter sido o ano passado, a saudade é tão grande que lhe parece que foi há anos.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  3. e cada vez semella que pasa máis rápido.
    tés toda a razón... mira para os teus pequenos, ¿onde van xa?

    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. E co paso dos anos aínda che vai correr máis. A min cando mo contaba non o cría.
    Bicos

    ResponderEliminar
  5. E non vexas o flipe que produce pronunciar frases como "hai cincuenta anos pasoume tal cousa". Uff!!!

    ResponderEliminar

És humano ti ?