Outro ano máis Arbo celebra a festa da lamprea e haberá que comela e ben a gusto que quedo.
Como xa puxen
algunha foto dese
becho que nin á súa nai lle gusta a súa cara pois este ano poño o debuxo da rede con toda a súa nomenclatura. Xa sabes, para que non se perda isto. Esta rede ponse amarrada a unha especie de peiraos de pedra que se adentran no río e chaman pescos ou pesqueiras e que son antigos. Actualmente son propriedade de Fenosa mentres non constrúan un novo encoro e desaparezan afogados despois de levar dous mil anos en pé nalgún caso.
Pois nada, a desfrutar da lamprea mentres se poida !.
Bo proveito.
ResponderEliminarSaúdos.
Antón.
Pois que che aproveite e que vos dea un respiro a choiva.
ResponderEliminarBicos
hai tempo vira unha reportaxe na televisión, onde se amosaba o xeito de pescar as lampreas con esa "nasa" tan peculiar...
ResponderEliminareu nunca probei a lamprea. (din que ou te entusiasma ou a aborreces)
Cando eu era un rapaz que o único peixe que comía eran unhas poucas troitas do rio Tuela collidas a man nos meses de Xullo e Agosto, e algunha pillada no Nadal, por meu pai e un tiu del, coas "manxoeiras" trebello igualiño que estes da lamprea, pero mais pequenos. Seguro que aqueles tiñan a sua orixe nestes.
ResponderEliminarAs fames era o que tiñan.
En fin, nunca a probei e son moi maior para empezar. Ten unha pinta...
ResponderEliminarBom proveito. Comi uma vez e não gostei.
ResponderEliminarPor aqui hoje se festeja o dia da mãe.
Entãoi dê por mim um abraço a sua senhora.
Um abraço e boa semana
cantos nomes tén o aparelliño de marras.
ResponderEliminareso, que non se perda o costume.
biquiños,