Páxinas

sábado, 5 de maio de 2012

Festa da lamprea 2012


Outro ano máis Arbo celebra a festa da lamprea e haberá que comela e ben a gusto que quedo.
Como xa puxen algunha foto dese becho que nin á súa nai lle gusta a súa cara pois este ano poño o debuxo da rede con toda a súa nomenclatura. Xa sabes, para que non se perda isto. Esta rede ponse amarrada a unha especie de peiraos de pedra que se adentran no río e chaman pescos ou pesqueiras e que son antigos. Actualmente son propriedade de Fenosa mentres non constrúan un novo encoro e desaparezan afogados despois de levar dous mil anos en pé nalgún caso.
Pois nada, a desfrutar da lamprea mentres se poida !.

7 comentarios:

  1. Pois que che aproveite e que vos dea un respiro a choiva.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. hai tempo vira unha reportaxe na televisión, onde se amosaba o xeito de pescar as lampreas con esa "nasa" tan peculiar...

    eu nunca probei a lamprea. (din que ou te entusiasma ou a aborreces)

    ResponderEliminar
  3. Cando eu era un rapaz que o único peixe que comía eran unhas poucas troitas do rio Tuela collidas a man nos meses de Xullo e Agosto, e algunha pillada no Nadal, por meu pai e un tiu del, coas "manxoeiras" trebello igualiño que estes da lamprea, pero mais pequenos. Seguro que aqueles tiñan a sua orixe nestes.
    As fames era o que tiñan.

    ResponderEliminar
  4. En fin, nunca a probei e son moi maior para empezar. Ten unha pinta...

    ResponderEliminar
  5. Bom proveito. Comi uma vez e não gostei.
    Por aqui hoje se festeja o dia da mãe.
    Entãoi dê por mim um abraço a sua senhora.
    Um abraço e boa semana

    ResponderEliminar
  6. cantos nomes tén o aparelliño de marras.

    eso, que non se perda o costume.

    biquiños,

    ResponderEliminar

És humano ti ?