Páxinas

domingo, 13 de maio de 2012

Mediando maio




O tempo de chuvia dá un respiro e debuxa solpores espectaculares.





Pódese fotografar unha xoubiña preciosa sentada na herba.






Ou unha parelliña de irmáns atentos a varios paparazzis.




Tamén o menda pode ser obxectivo para a cámara do fillo aprendiz de fotógrafo.






Pódese cazar un grilo para " capar " ou buscar pedras.





Pódese ir buscar un tesouro de piratas a unha cova que non é máis que un óquele deitando auga abundante resultado de tanta chuvia.





Anque tamén hai tempo para axudar a moer millo para os pitos ou probar cereixas de cedo ou comer as últimas mandarinas da tempada.
En fin, isto e máis pasa a mediados de maio.

7 comentarios:

  1. ¡¡como se parecen os nanos!!

    ¡¡que ben saíches os tres!!

    e cantas cousas bonitas facedes, seguro que o Leo disfrutou do lindo có millo.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  2. Fermosa reportaxe fotográfica. Con todo estaren os nenos fermosos e o pai, quédome coa moenda do millo. Había ben tempo que non a vía...
    Case sentín o recendo.

    ResponderEliminar
  3. Non sei porque este post me emocionou... quedei unha miga de tempo analizando a emoción e non o teño claro.
    Pode que sexa ese arrecendo a felicidade cotiá e plácida que desprende...

    ResponderEliminar
  4. (que maior se ve o Leo á beira da nena...! e que richa ela con eses dous dentiños?)

    ti tes que comer máis :-)

    ResponderEliminar
  5. Aquí non chegaron aínda as cereixas (nas cerdeiras); pero os merlos si. E moito madrugan os cabróns!!!

    ResponderEliminar
  6. Cantas posibilidades!
    Parabéns polos teus fillos ;-)

    Aperta.

    Antón.

    ResponderEliminar
  7. Excelentes post com belas fotos.
    Gostei de ver os filhotes lindos. Quanto ao aprendiz de fotografo, a minha neta está nessa faze. Fotografa o que mexe e o que está quieto. Ou seja, tudo. Adora a máquina, vira-a ao contrário e fotografa-se a si própria. E é claro foras as que estão tremidas tem fotos lindas, em que só paparecem os olhos ou a boca.
    Um abraço e saúde e sorte para criar os seus lindos filhos.

    ResponderEliminar

És humano ti ?