Páxinas

sábado, 19 de maio de 2012

Números


Ao Leo encántanlle as cancións e os contos relacionados con números e mentres come conta o número de letras que teñen as palabras que lle pasan polo maxín. Así non é de extrañar que o outro día me preguntase cal é o nome do número máis grande e eu cheguei á conclusión de que era o catrillón porque non coñecía un número máis grande. Cando o deitei busquei na interrede e descubrín que o número máis grande con nome é o " gúgol " que é un 1 seguido de 100 ceros. Ese nome inventouno un neno de 9 anos e deu orixe ao nome de Google que vén a ser " googol " mal escrito. E grazas a Leo tamén descubrín que hai un número curioso e simétrico que resulta de multiplicar 111111111 por 111111111. Ese número non é outro que 12345678987654321.
Está visto que os fillos non só nos sacan de paseo senón que tamén nos aprenden cousas !.

6 comentarios:

  1. Pois grazas a Leo xa sabemos unha cousa máis, non dúas. E son moi curiosas.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. E de quen non se aprende algo interesante?

    ResponderEliminar
  3. Está ben eso de coñecer cousas novas. Eu non tiña nin puñetera idea dese googol. a o dos uns e curioso.

    ResponderEliminar
  4. oes, que interesante... paréceme chulo eso do número gúgol.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  5. Cen ceros son moitos ceros de dios; por pouco valor que teñan por sí sós.
    (Gracias ao Leo tamén eu aprendín o do gúgol. Graciñas, Leo!!!)

    ResponderEliminar
  6. Mira tí os gustos do Leo por onde van indo...
    As preguntas dos nenos, sempre nos levan a nós mesmos a fecernos preguntas similares... ou as mesmas!!

    ResponderEliminar

És humano ti ?