Hai un mes falaba Aldabra do caso dunha gaivota que fixo o niño na beirarrúa do aparcamento do traballo. Non sei como seguirá o asunto pero nese momento foi unha nova ben curiosa para min.
E aquí na Torredocaminho onde traballo eu apareceu un ourizo cacheiro grande haberá un par de meses que pasea polo almacén con tranquilidade e sen medo dos humanos. Hoxe descubrimos que o tal becho non é cacheiro que é cacheira e que ten dúas crías polo menos. Unha está retratada na man do xefe e así saiu que non se me deixaba fotografar.
A ver canto dura esta curiosa familia. Por parte do xefe non hai problema que seica estes animais cazan ratos e nunha fábrica de alimentos animais teñen traballo abondo.
Son uns animais moi benficiosos e non molestan a ninguén. Eu tamén teño un ou máis na finca, non sei cantos son porque só se ve un de cando en vez, pero xa leva varios anos.
ResponderEliminarBicos
Pois coidádea, e xa irás contando as aventuras e desventuras.
ResponderEliminarencántanme os ourizos... son moi bonitiños, lástima que teñan púas e non se poidan acariñar.
ResponderEliminarcontarei da gaivota no blog.
biquiños,
parece que é máis habitual do que parece que os animais salvaxes se acomoden a vivir entre os humanos...
ResponderEliminarSó vi até hoje um casal que estava em pleno acto reprodutivo debaixo da minha caravana... altas horas da noite!!
ResponderEliminarE não imaginas como bufavam os dois!!!