Páxinas

xoves, 21 de xuño de 2012

Ourizos cacheiros


Hai un mes falaba Aldabra do caso dunha gaivota que fixo o niño na beirarrúa do aparcamento do traballo. Non sei como seguirá o asunto pero nese momento foi unha nova ben curiosa para min.
E aquí na Torredocaminho onde traballo eu apareceu un ourizo cacheiro grande haberá un par de meses que pasea polo almacén con tranquilidade e sen medo dos humanos. Hoxe descubrimos que o tal becho non é cacheiro que é cacheira e que ten dúas crías polo menos. Unha está retratada na man do xefe e así saiu que non se me deixaba fotografar.
A ver canto dura esta curiosa familia. Por parte do xefe non hai problema que seica estes animais cazan ratos e nunha fábrica de alimentos animais teñen traballo abondo.

5 comentarios:

  1. Son uns animais moi benficiosos e non molestan a ninguén. Eu tamén teño un ou máis na finca, non sei cantos son porque só se ve un de cando en vez, pero xa leva varios anos.
    Bicos

    ResponderEliminar
  2. Pois coidádea, e xa irás contando as aventuras e desventuras.

    ResponderEliminar
  3. encántanme os ourizos... son moi bonitiños, lástima que teñan púas e non se poidan acariñar.

    contarei da gaivota no blog.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  4. parece que é máis habitual do que parece que os animais salvaxes se acomoden a vivir entre os humanos...

    ResponderEliminar
  5. Só vi até hoje um casal que estava em pleno acto reprodutivo debaixo da minha caravana... altas horas da noite!!
    E não imaginas como bufavam os dois!!!

    ResponderEliminar

És humano ti ?