Primeiros pasos
A semana pasada Xela atreveuse a dar algún pasiño despistada pero onte comezou a dar os seus primeiros pasos de verdade. Quixemos gravar o acontecemento pero de momento non o conseguimos plenamente.
Aquí deixo un minivídeo con algún paso de Xela e a sorpresa de Leo.
Etiquetas: xela I
10 comentarios:
noraboa... e agora a abrir ben os ollos que os primeiros pasos son moi perigosos.
biquiños,
Supoño que estes primeiros pasos, poderán ser vistos e editados por Xela, dentro de moitos anos. Agradeceracho, seguro.
Parece mentira -xa sei que é unha patochada- a diferenza de tamaño que hai entre un e outro. Pero unha aínda lembra as lorzas de Leo e a súa fasquía de bebé. Estupenda Xela!
Da gusto velos avanzando nunha progresión tan gratificante.
Tan pa comelos aos dous!
Dois passinhos mágicos...
O começo de uma grande caminhada!
Um grande abraço.
ves? o que dicía...!
fíxome rir o Leo "marcándolle o paso"
é moi emocionante ver os progresos de xela.
gracias por compartir
Que bonito velos ós dous xuntos, ó grande ensinándolle á pequena :) Non sei cal dos dous me fixo máis gracia, que riquiños!!!
Elogo que che pasa, home, que non posteas...
e non andaría Leo e os seus por Lavadores nun día de comunións...??
Pois non andou nin Leo nin ningún dos seus.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio