Xela na praia de Patos
Cun ano e un día Xela tivo a sorte de ir á praia por primeira vez. Podería ter desfrutado máis pero hoxe levou un xeringazo e botou o día protestando. A auga estaba fría para ela ( non para os maiores que entramos sen problema ) e o terreo non é mui bo de andar cando alguén leva un par de semanas andando pero ela pasouno ben igual. Gustoulle ver as olas e tanta xente facendo cousas distintas e notar a area que engulía os seus peciños e ata parecía gustarlle a auga salgada na boca que se relambía. Chapaleou un pouco na auga dunha poza que lle fixemos e xogou con algunha alga e a pa de plástico.
O Leo tamén desfrutou saltando olas e xogando con algas e os cacharros e comeu bastante que semella que a praia abre o apetito. Xela non, nin con esas; ela non come nin á de tres.
Esperemos que haxa máis días de praia que aquí nunca se sabe.
Etiquetas: xela I
6 comentarios:
Xela está moi fermosa.
Bicos
Canto camiño percorrido para chegar ata aquí, verdade? E o que lle queda... :)
eu recordo o primeiro día da praia da miña filla como si fora hoxe... ¡como choraba ó sentir os pés metidos na area!
biquiñs,
Pois aproveita que estes días están bos de praia!
Olha que linda que ela está!!
Um abraço.
pois Xela non comerá, pero ten a boca chea de señais de ter comido jaja
está linda, linda... un ano e un día, ai mi madriña!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio