Aínda aprendendo
Gústame aprender palabras e frases novas e así aprendín a semana pasada " poufeiro " que é un bebé oposto a como é Xela, ou sexa; poufeiro é un bebé fortoche, tranquilo e que apenas se move.
Tamén aprendín no choio a frase " aínda Dios non é vello " que vén a dicir que aínda hai tempo para que ocorra algo.
A ver se o da pintada da foto aprende máis vocabulario e de paso un pouco de educación para escribir onde é debido.
Etiquetas: lingua VII
7 comentarios:
jaja xa dicia eu que esas palabras da pintada xas tiñas que coñecer de antes...
poufeiro eu no escoitara nunca...
Poufeiro eu coñézoa pero aplicada a xente maior "home que fai todo con calma e devagar, sobre todo se é persoa pequena e gorda"
Bicos
O que máis me chama a atención é o etc. final con punto e todo, non cadra co anterior.
Apertas para toda a familia.
Eu tampouco coñecía a palabra poufeiro. Curiosa.
Eu tamén tiña unha vaga idea de "poufeiro", para alguén moi pousado. Pero o que si coñezo ben son as POUFEIRAS da Confitería Regino de Ponteareas: deliciosas!
http://bretemas.blogspot.com.es/2006/04/mis-sobre-o-pan-durmido.html
Aínda se escribiran un poema...;pero sempre lles da o demo ideas para o mal, carallo!
nunca entendín, nin entenderei que gusto teñen aqueles que pintan calquera cousa que se lles poña por diante... e mais para escribir sandeces.
¡danme pena!
biquiños,
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio