Páxinas

venres, 24 de agosto de 2012

Décimo cuarto mes


O tempo pasa lixeiro e xa van alá catorce meses dende o día que naceu a xoubiña da casa.
Ela segue avanzando en todo a unha velocidade que non estamos acostumados e así sobe ao sofá, ás camas, foza en todo canto hai e baila e ri todo o tempo. Bueno, cando non consegue algo funga e berra a toda voz. Sempre quere subir e baixar as escaleiras e explorar camiños novos. Ten bastantes dentes e moas ( creo que seis arriba e cinco abaixo ). O dente que lle falta penso eu que ten que ver co costume de zugar do polegar esquerdo para adormecer. Aparte de zugar do dedo tamén fai caracois coa outra man e riza aínda máis o seu cabelo.
Co Leo lévase ben e son cómplices en risos e algúns xogos anque hai veces que pelexan por algún xoguete.
E así vai, medrando e medrando a pesar de que come menos ca un paxariño.

8 comentarios:

  1. Hai que ver a algunhas que ben lles cunde o tempo. Ten cara de pillabana ;)
    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Que preciosidade!

    ResponderEliminar
  3. En fin, Paideleoexela, non teño palabras. Diría que semella unha preciosa bonequiña, pero iso sería faltarlle ao respecto: é unha meniña linda linda.

    ResponderEliminar
  4. eu non saio do asombro:
    como pode alguén en 14 meses de nada (a min que me pasou?)converterse nesa meniña chea de curiosidade nos ollos, ter aprendido tantas cousas, andar...! e que se o penso póñome transcendental...

    ResponderEliminar
  5. ¡ Que bonitiña está e que cara de pillabana ten !
    ¡ Canta curiosidade teñen os rapaces pequenos e canto afán por descubrir o mundo !

    ¿Chegouche o libro que che mandamos desde a Fonsagrada ?

    ResponderEliminar
  6. Que linda que está a tua filha!!

    Um grande abraço.

    ResponderEliminar
  7. Esa monequiña cada vez semella máis á nai!
    Que siga así de sá e feliz.

    ResponderEliminar
  8. que miradiña máis doce... é que está guapísima! para ledicia dos seus.

    biquiños,

    ResponderEliminar

És humano ti ?