Páxinas

martes, 28 de agosto de 2012

Todo son voltas



Estamos metidos nun círculo inmenso e todo dá volta e xira sen fin e así repetimos e recreamos o xa feito e vivido anteriormente. A Volta ciclista pasa por Vilaguindastre pero nós damos unha volta por outra parte onde semella a volta aos anos da fame cando se roubaba o sementado nos campos.

6 comentarios:

  1. É frecuente iso nestes anos: a xente pasa un traballo inmenso a plantar, sachar e cuidar os campos (para que non estean abandonados ás silvas) e despois vén un listo e lévao. Xa vin algúns chorar por iso.

    ResponderEliminar
  2. roubase de todo, e o que nos quedará aínda por ver.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. Iso lémbrame uns gandeiros que hai aquí que levan as vacas a pacer a calquera campo que lles pete. Cando o antigo dono da nosa leira lles dixo que polo menos pedisen permiso, un deles contestoulle con toda a retranca do mundo: E logo, vostede quere a herba para algo?
    Aledeime unha barbaridade cando lle mercamos a leira e a pechamos porque non me facía ningunha graza ter vacas (grandes como son) xusto pegadas á casa.

    ResponderEliminar
  4. Estragar é pecado... já dizia a minha avó!

    ResponderEliminar
  5. E eu penso quen roubará o millo...! se agora parece que só o plantan para o gando.

    ResponderEliminar

És humano ti ?