Páxinas

venres, 31 de agosto de 2012

O bo de ser blogueiro



Sei que baixei o ritmo de posteo e o ritmo de comentarios pero de algo que me alegro sendo blogueiro é cando recibo presentes e máis cando veñen de sorpresa.
O último que me chegou viña da Fonsagrada pero con sinatura arxentina-galega. O presente foi un libriño dun home que se sente galego anque só estivera na terriña nunha ocasión. O seu avó emigrado foi quen de inxectarlle o amor por esta terra e o idioma galego que muitos menosprezan.
Dese libriño quédame unha boa lembranza e a imaxe dunha chave dun hórreo pendurada nunha parede arxentina.
Graciñas, Antón do blogo Cuspe de pita.

9 comentarios:

  1. Moitas grazas pola entrada :-)
    Aledame que che gustara a sorpresa.
    Por sorte puiden voltar á terra este ano. Só estivera no 2000...

    Unha aperta, Pedro.

    Antón.

    ResponderEliminar
  2. Estas surpresas são magníficas e fazem-nos sorrir imenso!
    Um abraço.

    ResponderEliminar
  3. Supoño que foi unha boa sorpresa cando che chegou o paquete.
    Imaxino a túa cara. A mesma de Antón cando viu que lle tiña gardada certa botella de viño ¿acórdaste? ;-)

    ResponderEliminar
  4. Xa temos outra cousa en común ti e máis eu: a ledicia de ler a un galego de corazón.

    Apertas

    ResponderEliminar
  5. Un bo agasallo, sen dúbida!

    ResponderEliminar
  6. Também não tenho andado muito por aqui. E antes de prosseguir quero dar os parabéns à sua bebé pelo 2º aniversário.
    Está linda.
    Depois gostaria de lhe dizer que se puder passar pelo Sexta ficaria muito contente. Porque a data é importante para mim.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  7. Sei o que sentes...!
    :-)

    (espero que ao chegar á monotonía outonal volvamos os blogueiros todos ó millo, perdón digo á blogosfera)

    ResponderEliminar
  8. algunha vez visitei o blog de Antón de Muros... sin dúbida é un regalo moi emotivo que ben se merece unha entrada como a que lle das.

    Noraboa a Antón e a ti.

    biquiños,

    ResponderEliminar

És humano ti ?