Páxinas

mércores, 26 de setembro de 2012

Recolléndonos


Co este tempo outonal tan cheo de razón non queda outra que recollerse na casa ou saír a sitios cubertos que é o que lle gusta a Leo e desgusta a Xela. Así o luns tocou sesión de cine coa película " Tadeo Jones " ( Taveo segundo Leo ) e que estivo mui ben e entretida a pesar do incordio de levar gafas. Eu aínda rin un pouco co can e o loro e os soldados malos parecían clons dun tal Feijoo.
Na cama rin tamén hai un cacho cando lle contei o conto a Leo. Ultimamente o Leo anda un pouco desafeito a ler así que lle mandei ler uns títulos duns contos que xa leramos e cando lle tocou ler " Por que el cielo está tan lejos " cando chegaba á palabra " lejos " el estaba farto de ler e inventou " alto ". Eu rin un pouco e volvín sinalarlle a palabra para que a lese de novo. Desta volta leu " lonje " e aí rin máis que ata curei a moqueira momentaneamente. Eu non paraba de rir e o Leo contaxiouse e riu coma nunca. Eu xa choraba da risa pero aínda rin máis cando Leo deixou de rir e preguntou inocentemente:  " Por que rimos tanto ?. De que te ris ? ".

6 comentarios:

  1. Ai, eses momentos si que "non teñen precio"... que saudable esa risa q ata se nos saltan as bágoas.
    O leo estivo "impagable"

    ResponderEliminar
  2. a risa tonta, que lle chamo eu.

    biquiños sorrintes.

    ResponderEliminar
  3. Non me estraña que te rises.Encántanme as ocurrencias de Leo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  4. Me ha gustado tu texto, el otoño ya lo tenemos aquì.

    un abrazo

    fus

    ResponderEliminar
  5. É a mellor cousa do mundo rir cos fillos. Eu ás veces río en silencio, para que non se entere moito, pero claro, coa risa contida móvese máis a tripa, e entón a pequena dime: Xa estás a tremer outra vez. E entón comezamos as dúas a rir con esa risa parva sen saber moi ben por que (como lle pasa a Leo).

    ResponderEliminar

És humano ti ?