Páxinas

xoves, 27 de setembro de 2012

Seis anos


O tempo pasa por riba nosa a unha velocidade incrible e o Leo fixo seis anos hoxe xa !.
Onte tivo a festa cos compañeiros de clase no parque forestal de Beade e como o tempo estaba revolto tiveron que saltar no inchable dentro da cafetería. Despóis tocou merenda, tarta, entrega de presentes e discoteca. Pasárono mui ben e Leo volveu a casa carregado de xoguetes, roupa, contos e DVDs de Scooby Doo.
De aquí a pouco entra na idade do pavo !.

10 comentarios:

  1. ¡Parabéns para Leo ! Está moi grande e moi guapo :-))
    E pensar que a última vez que o vin era bebé...

    Dalle 6 bicos ben grandes.

    ResponderEliminar
  2. Moitas felicitacións a Leo.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Parabéns para Leo, e que siga san e feliz!

    ResponderEliminar
  4. non o digas de cachondeo porque agora entran en calquera edade moito máis pronto que antes.

    felicidades para o Leo e para o resto da familia.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  5. Parabéns para o Leo e para seus pais.
    Está um lindo menino, coisaa que aliás sempre foi. Que Deus o proteja.
    Um abraço

    ResponderEliminar
  6. Parabéns a ese miñoca transmutado en neno grande. Seis anos xa! E eu que aínda lembro a súa ecografía...

    ResponderEliminar
  7. Parabéns para Leo. Aínda está no tempo de pasalo ben, sen darlle a cabeciña, que delicia!

    PD: Scooby Doo aínda está de moda? Daquela o tempo non pasa tan rápido!

    ResponderEliminar
  8. 6 anos é esa edade de "empezar a estudar" de verdade...
    apréndese a ler e a vida xa non volve a ser igual
    :-)
    Está moi maior... quédanche outros 6 para irte afacendo á terrible adolescencia que despois nunca é tan terrible como a pintan.

    ResponderEliminar
  9. Parabens para o teu fillo, que maior vai xa.
    A rapaza bonita, bonita.
    Tes sorte.

    ResponderEliminar

És humano ti ?