Páxinas

mércores, 14 de novembro de 2012

Folga do 14 de novembro


 
Hoxe tocou folga e alá fun á manifestación en Vigo.
Os estudantes viñas con forza e ánimos.
Había xente protestando por muitos asuntos e é que as cousas non van ben.
Ata había un neno que pedía máis música no planeta.
 
Eu fun por conciencia propia e para suplir a ausencia de xente obrigada a traballar ese día como por exemplo a criada que fumaba no balcón.
  
 


















En Vilaguindastre a folga foi bastante seguida anque á tarde empezaron a abrir algúns comercios.
Unha cafetería que tiña o cartaz de apoio á folga e de que ía estar fechada pola folga abriu as súas portas á tardiña. Xa sabes iso de que hai que estar a ben con deus e o demo; maloserá que che pasen os piquetes a fechar o local.
En outro local aínda se atreveron a deixalo aberto despóis da pintada que lle mandaron na fachada.
 
 
En definitiva, non creo que se solucione muito co esta folga pero aí está o noso dereito a manifestarnos.

4 comentarios:

  1. Vaia, eu tamén fun. Mágoa non sabelo que iamos xuntos e aforrabamos algo...
    Pagou a pena!

    ResponderEliminar
  2. hai que respetar os dereitos de todos pero é cousa difícil.

    biquiños,

    ResponderEliminar
  3. Son das que penso que sí se fai, polo menos incordiamos, non hai cousa pior que quedar a velas vir.
    Bicos.

    ResponderEliminar
  4. Por aqui foi dia de greve geral que terminou com violência à noite frente à Assembleia.
    No Sexta um poema sobre a atualidade portuguesa.
    Um abraço e bom fim de semana

    ResponderEliminar

És humano ti ?