Páxinas

luns, 12 de novembro de 2012

San Martiño 2012


Pasan os san Martiños por nós e eu sigo coa teima de mercarlles pións aos meus fillos. Este ano non me compliquei a vida e merquei dous no quiosco do bairro a 1,5 euros cada un. Son feitos en Catalunya e bailan ben como se ve no vídeo. Hai que contar que eu botei a bailar o pión e logo collín a cámara.
Con este vídeo sigo a serie de san Martiños do blogo e espero que Leo e Xela aprendan a facelos bailar, anque haxa que esperar uns aniños máis.
E agora poño unha foto de Xela co seu pión na man. A reacción de Xela ao mirar bailar o pión foi de sorpresa anque tiña algo de frío e moquiños e non andaba mui alegre.

4 comentarios:

  1. Pois mira que non tentaba eu facer bailar os pións! Pero nada: eu dáballe moito mellor ás tabas :-) Ten vostede un "embolao" no meu blogue. Bicos e apertas.

    ResponderEliminar
  2. A peonza baila ben.
    A Xeliña está un pouco abraiada(pode ser polo catarro),mais eu penso que é polo grande que é a peonza.
    Apertas.

    ResponderEliminar
  3. Ai, que tempos. Xa choveu.

    ResponderEliminar
  4. o pión aínda abulta moito para a Xeliña.

    biquiños,

    ResponderEliminar

És humano ti ?