Chegoulles a lúa aos porcos en Arbo e agora están partidos e postos a salgar ou en zorza para facer chourizos, chourizas e ceboleiros.
Non fun onte matar pero fun hoxe para salgar e picar. O traballo vaise levando mentres todos van falando dos temas máis diversos con alegría e ata picardía. Foi volver lembrar partes do porco ( lagarto, solombo, carroleira, papadelas, riles, boche, courachos, paxareta, hombreiras, etc, etc ) e aprender un refrán novo, esta vez referido ao fillo maior; " o morghado ou é un tolo ou é un alambazado ".
Non sei se se repetirán tempos así que a avoaM ten muita pena dos animaliños que eran mansiños... anque di iso mesmo todos os anos !.
Os xamóns ou presuntos, teñen unha estupenda pinta. ¡Que aproveiten!.
ResponderEliminarEstou coa avoa. Meus pobres!
ResponderEliminarEses xamóns ulen incluso a través da pantalla!
ResponderEliminare non lle han dar pena?
ResponderEliminarteño eu pena dos ratos que me invadiron a cociña da aldea, deixelles veleno, e agora imaxino os seus pequenos cadáveres e teño remorsos. :(
pensaba que se mataba por novembro e tal. Non sabía que tamén en xaneiro.
O rito. Cada ano. O rito.
Este é o tempo certo...
ResponderEliminarTudo tem um tempo certo.
Um grande abraço.
facía mil anos que non ví os xamóns a salgar...¡que tempos!
ResponderEliminarbiquiños,
Parece que o comentário anterior se escafedeu.
ResponderEliminarVamos lá de novo. Matança de porco sempre me trás à memória lembranças da meninice.
Um abraço e desculpe se comento menos. Estou com problemas nos olhos, em tratamento, e por isso como estou proibida de passar muito tempo no pc, por vezes visito, leio, mas não comento. Para poder visitar mais amigos e ler mais artigos.
Oes, si hai que ir un día por aí para catar os chourizos non tes máis que avisar, he, he!!
ResponderEliminar